Home O Morrazo Marín O Concello licitará 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e...

O Concello licitará 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e Seixo

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos pregos que rexerán o concurso público. Son 4 postos en cada un dos mercados, destinados a carnicería e alimentación, peixe fresco e actividades comerciais. O prazo para presentar ofertas comezará cando se publiquen os pregos no Boletín Oficial da Provincia.

As Prazas de Abastos son espazos municipais cuxa función trascende á venda de alimentos. Son lugares de reunión, de cultura popular, de calidade gastronómica, de economía local e, por suposto, tamén de ocio e desfrute. Por iso, desde o Concello de Marín trabállase pola súa mellora constante.

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, desvelou hoxe que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar os pregos para licitar 8 postos nas prazas tanto de Marín coma de Seixo. Uns pregos que se mandarán ao Boletín Oficial da Provincia, momento no que comezará correr o prazo de presentación de ofertas, que será de 30 días hábiles.
Acuña explicou que, especialmente no caso de Seixo, “estamos desexosos de seguir adiante, xa que neste caso notamos unha maior complicación á hora de que estes negocios estean activos”.

Tal e como se recolle na documentación administrativa, sairán os seguintes postos, co seu correspondente canon mínimo, que poderá ser mellorado á alza polas persoas licitadoras:

Mercado de Marín

Posto Superficie Destino Canon anual mínimo
1012 22,50 m2 ● Carnicería e chacinería 744,37 euros● Conxelados ● Pan e derivados de fariña ● Leite e derivados ● Froitas, verduras e outros produtos alimenticios (agás peixe fresco) 
1144 3,00 m2 Peixe fresco 99,25 euros
1224 1324 3,30 m2 10,50 m2 Peixe fresco 109,17 euros ● Actividade comercial de 347,37 eurosdiversa índole ● Actividades relacionadas coa hostalaría 

Mercado de Seixo 

Posto Superficie Destino Canon anual mínimo
17,45 m2 ● Carnicería e chacinería 432,97 euros● Conxelados ● Pan e derivados de fariña ● Leite e derivados ● Froitas, verduras e outros produtos alimenticios (agás peixe fresco) 

2 17,50 m2 ● Carnicería e chacinería 

434,21 euros 

● Conxelados 

● Pan e derivados de fariña 

● Leite e derivados 

● Froitas, verduras e outros 

produtos alimenticios (agás 

peixe fresco) 

6 3,12 m2 Peixe fresco 77,41 euros

3,12 m2 Peixe fresco 77,41 euros

O equipamento dos postos, así como as obras de adecuación interna e o acondicionamiento dos mesmos, serán a cargo de cada titular, que á súa vez deberán contar coa inscrición no epígrafe correspondente no IAE e co curso de manipulador de alimentos. 

As concesións outorgaranse por cinco anos sen prórrogas e non poderán acadarse máis de dos postos concesionados no mercado, contando aqueles que se poden ter na actualidade. 

No prego técnico recóllense algunhas das obrigas que terán os titulares dos postos, unha vez lles sexan adxudicados, entre as que destacan: 

● O pago de todas as taxas, impostos e prezos públicos correspondentes coa súa actividade 

● Exercer ininterrompidamente, durante o horario que se corresponda, a súa actividade 

● Efectuar diariamente a limpeza do seu posto, procurando que estea en óptimas condicións hixiénico-sanitarias 

● Ter expostos os prezos por unidades ou quilogramos 

● Asumir os gastos correntes de luz, auga, teléfono… 

Presentación de ofertas próximamente, cando se publique no BOP 

Acuña indicou que agora haberá que esperar a que os pregos se publiquen no Boletín Oficial da Provincia, “momento no que comezará o prazo de presentación de ofertas”. 

Todo o procedemento estará dispoñible a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, integrado no Perfil do Contratante da sede electrónica do Concello de Marín.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas