HomePontevedraA LamaO concello logra que a Xunta desbroce as xestas da estarada autonómica...

O concello logra que a Xunta desbroce as xestas da estarada autonómica PO-241 que dá entrada á Lama

- Anuncio -spot_img

Ademais de mellorar a imaxe do acceso á vila tamén supón unha importante acción preventiva fronte ao perigo de incendio forestal.

Operarios da Xunta de Galicia proceden estes días a desbrozar as xestas de grandes dimensións existentes en ámbalas dúas beiras da estrada autonómica PO-241 que comunica Caritel (Ponte Caldelas) coa vila da Lama. Esta actuación foi solicitada polo alcalde Jorge Canda e o tenente de alcalde David Carrera ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López Diéguez.

O Concello solicitoulle unha intervención en profundidade nesta zona da estrada co fin de mellorar a visibilidade e a imaxe do vial principal de acceso á Lama desde Ponte Caldelas. Ademais, as grandes dimensións que alcanzaran as xestas estaba a provocar problemas de visibilidade e supoñían un perigo en caso de que se declarara un incendio forestal pola proximidade á propia estrada.

Jorge Canda e David Carrera agradeceron ao delegado da Xunta, Luís López Diéguez, e ao xefe territorial de Infraestruturas, Manuel Juanatey, a súa actuación rápida e dilixente neste tema para atender a peitición que se lle trasladou desde o Concello.

Publicacións Relacionadas