A Concellería de Turismo continúa coa posta en valor do Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, incluído na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos dende setembro do pasado ano
A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que xestiona María Castro Abad, vén de dar un novo paso na posta en valor do Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande–, dotando ao seu portal web dunha completa visita virtual que permite que calquera persoa poida percorrer, polo miúdo, o espazo museístico dende a súa propia casa.
Ao acceder á web do Meirande –https://meirande.redondela.gal/– o botón Visita Virtual, permítenos situarnos ná recepción do espazo museístico para, dende aí, poder realizar un deta-llado percorrido a todos e cada un dos recunchos do museo. Seguindo os puntos marcados no chan e utilizando as frechas do teclado ou o rato, as e os visitantes poden pasear pola instalación, gozar do contido das salas dende distintas perspectivas e dispoñer da posibilidade de achegarse a aqueles detalles que lles interesen especialmente a través dun zoom que se activa coa roda do rato.
A visita virtual, que ‘engancha’ ao visitante dende o primeiro momento, conta amais coa posibili-dade de, en determinados puntos, activar vídeos onde as personaxes da época explican detalles sobre a Batalla ou outros datos de interese sobre o espazo de Rande.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou que “a iniciativa da Concellería de Turismo per-mite dar unha maior difusión, e de xeito moi atractivo e ameno, aos contidos do Meirande”. A al-caldesa amosou o seu convencemento de que a visita virtual “espertará nas persoas que a fagan o interese por achegarse posteriormente ao Meirande para realizar o percorrido, in situ, e coñecer o excepcional enclave no que está situado.
Digna Rivas lembrou que, dende que María Castro se fixo cargo da Concellería de Turismo, “a po-tenciación do Meirande, como punto de interese turístico, “foi unha das prioridades do Goberno local” como o demostra remodelación total da páxina web, que permite acceder a contidos audi-visuais e, incluso a unha recreación da propia batalla naval, ou a inclusión, dende setembro do 2021, do Meirande na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) á que, ata entón, non per-tencía.
A rexedora redondelá non dubida en salientar que o Meirande “era un espazo museístico de pri-meira orde totalmente infrautilizado”. Era preciso poñelo en valor e, sobre todo, “colocalo no mapa dos museos costeiros de Galicia, norte de Portugal e Asturias”.