Home O Salnés Cambados O CONCELLO MANTERÁ O PLAN MADRUGA EN TODOS OS COLEXIOS DE CAMBADOS...

O CONCELLO MANTERÁ O PLAN MADRUGA EN TODOS OS COLEXIOS DE CAMBADOS E A SÚA COLABORACIÓN NOS COMEDORES ESCOLARES

- Anuncio -

O alcalde Samuel Lago e a concelleira Fátima Abal planificaron o inicio do novo curso coas direccións dos centros educativos.

O alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a Concelleira de Educación, Fátima Abal, reuníronse este xoves coas direccións dos colexios de infantil e primaria do municipio para planificar diferentes cuestións cara este curso escolar 2022-23.

En concreto, ambas partes abordaron a xestión dos servizos que contan coa colaboración ou financiación municipal: o Plan Madruga, os comedores escolares e a limpeza.

Así, o Concello seguirá mantendo o Plan Madruga a un prezo de 40 euros ao ano por alumno. “Consideramos que de trata dun programa clave para conciliar a vida laboral e familiar e de feito este ano superamos por primeira vez as 200 familias usuarias, o que mostra a importancia deste servizo xa implantado en todos os centros”, indica o alcalde.

Asimesmo, o goberno local continuará colaborando cos comedores escolares, dispoñibles tamén en todos os colexios de Cambados, coa prestación dun monitor que reforzará a atención en cada un deles.

No que respecta á limpeza dos centros, o Concello reforzará a asistencia, que, se ben será inferior ao que se viña realizando durante a pandemia, será superior aos anos anteriores ao covid.

Ademáis de todas estas cuestións, os e as responsables dos centros educativos trasladaron ao alcalde e á concelleira as necesidades de melloras nas súas instalacións, para as que o Concello irá buscando o financiamento necesario.

Tamén se abordou o estado de execución das diferentes obras que o goberno local está realizando en cada centro.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas