– Os traballos consistirán no acondicionamento e mellora do pavimento do camiño Zabarís. A superficie deste camiño, en terra, atópase moi deteriorada e procederase ao seu nivelado e asfaltado. A obra, que ascenden a máis de 21.500 euros, será financiada cos Orzamentos Participativos, xa que foi unha mellora solicitada polo Consello Parroquial de Ventosela.
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, realizará as obras de mellora e pavimentación no camiño de Zabarís, en Ventosela. O obxectivo desta actuación é acondicionar este camiño con pavimento de asfalto para mellorar a comunicación e mobilidade na parroquia. A alcaldesa, Digna Rivas, visitou a zona con Roberto Villar e sinalaron que con con esta obra “vaise favorecer a circulación tanto de vehículos como de peóns”. Actualmente a superficie de rodadura deste camiño, de terra, está moi deteriorada e con desniveis. A obra consistirá na regulación do terreo, a aplicación dunha capa de plataforma con material granular compactado e finaalmente un recrecido asfáltico en quente. O camiño levará en todo a súa lonxitude unha beiravía de formigón de 30 centímetros. A actuación afecta a unha superficie total de 540 metros cadrados.
Estas obras, que ascenden a máis de 21.500 euros, serán financiadas cos Orzamentos Participativos xa que foi unha mellora solicitada polo Consello Parroquial de Ventosela.
O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade sinala que desde o seu departamento “estase a avanzar na reparación e mellora das estradas e camiños do municipio, e o obxectivo é seguir nesta liña tanto con fondos propios do Concello como doutras administracións”.



