A Concellalía de Servizos está a realizar esta semana unha actuación de mellora no patio do colexio CEIP Torre-Illa. Botando da man da maquinaria compartida a través da Mancomunidade do Salnés e con operarios municipais, o departamento municipal extendeu catro camións de xabre nun patio que acusaba o desgaste habitual por ser o centro de xogo do alumnado do centro.
A actuación incluíu tamén o compactado do chan para garantir a súa nivelación e por tanto unha superficie uniforme para disfrute dos escolares



