HomePontevedraO Concello oferta cursos de balde para os meses de novembro e...

O Concello oferta cursos de balde para os meses de novembro e decembro nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

- Anuncio -spot_img

Os cursos comezan o 2 de novembro en horario de mañá e tarde e son totalmente de balde. As instancias para participar nos cursos teñen matrícula aberta ata o 26 de outubro.

A Concellería de Novas Tecnoloxías oferta cursos de balde para os meses de novembro e decembro, unha serie de accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela, en horarios de mañá e tarde. Estes cursos son totalmente gratuítos aínda que con prazas limitadas que serán asignadas por rigorosa orde de inscrición: Redondela oferta 16 prazas por curso e Chapela 12 prazas.
As instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta dende o 5 ao 26 de outubro, pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.
A presentación de ditas solicitudes e a documentación precisa, farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela tendo en conta que a selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida se lle chamará por teléfono para confirmar a súa participación.
As formacións serán as seguintes:

  • CURSOS INFORMÁTICA 2022 – REDONDELA
    Cursos en Redondela novembro/decembro mañás:
  • OPENSHOT, edición de vídeo – 03/11 ao 15/12
  • COMPETENCIAS DIXITAIS nivel medio – 03/11 ao 15/12
    Cursos en Redondela novembro/decembro tardes:
  • LINGUALIA idiomas co ordenador – 03/11 ao 15/12
  • Google drive, ofimática na nube – 03/11 ao 15/12

CURSOS INFORMÁTICA 2022 – CHAPELA
Cursos en Chapela novembro/decembro mañás:
Trámites en liña coa administración – 02/11 ao 12/12
Tarefas de oficina – 02/11 ao 12/12
Cursos en Chapela novembro/decembro tardes:
Alfabetización dixital, Windows e Internet – 02/11 ao 12/12
BLOGGER, creación dun blog – 02/11 ao 12/12
Ademais os venres darase o servizo de Aula Aberta, onde calquera cidadán/á poderá achegarse ás aulas (un venres en Redondela, o seguinte en Chapela, e así sucesivamente) para poder facer calquera consulta e aprender a tramitar co concello, trámites na sede electrónica e talleres de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións). O horario será de 09.30 a 13.30hs e 16.30 a 20.30hs.

Publicacións Relacionadas