Todos terán lugar en sábado ás 10:00 horas sendo preciso inscribirse previamente. Arranca este día 13 cun paseo polas praias do municipio.
O Concello de Nigrán ofrece desde este sábado 13 de setembro e ata finais de ano nove roteiros guiados diferentes encadrados no programa ‘Paseando Nigrán’. O obxectivo é promover hábitos de vida saudable ao tempo que os asistentes aprenden máis sobre o termo municipal. Cada un deles está pendurado na web www.nigran.org en portada e no apartado ‘Próximos Eventos’. En todos os casos terán lugar os sábados ás 10:00 horas, sendo preciso inscribirse previamente en roteiros@nigran.org indicando nome, apelidos, teléfono e título ou data do roteiro elixido. O programa arranca este sábado cun paseo polas praias da localidade. Para calquera dúbida está habilitado o teléfono 699859418.
Os roteiros elixidos abranguen clásicos como as praias (13.09.25), as penínsulas de Monte Lourido (20.12.25) e Monteferro (8.11.25), os pazos do municipio (13.12.25), o paseo polo río Muíños (4.10.25) ou o parque forestal Os Matos-Río Táboas (18.10.25 e 15.11.25) e tamén se inclúen novidades como a visita aos mosaicos da señora Carmen Souto Vidal na súa casa de Vilariño (20.09.25), o proxecto pictórico ‘Pintura no lugar’ do artista Juan Rivas (29.11.25) ou os graffities de Beiss 331 en Monteferro (08.11.25).
“Están deseñados para atraer a todo tipo de público e para gozar en termos xeneralistas do patrimonio máis evidente de Nigrán e tamén do máis escondido ou coñecido”, explica o alcalde, Juan González.