HomeO SalnésA Illa de ArousaO concello organiza dúas sesións gratuitas de Pump Track para afeccionados ao...

O concello organiza dúas sesións gratuitas de Pump Track para afeccionados ao skate e a bicicleta

- Anuncio -spot_img

Un monitor especializado estará na Praza do Regueiro as tardes do día 17 e do día 19 para ensinar aos usuarios do circuito, sen límite de idade, gañen en destreza e seguridade

O Concello de A Illa organizada dúas xornadas de clases gratuitas de Pump Track no novo circuito da Praza do Regueiro. Serán impartidas por un monitores especializado e están dirixidas a todas as persoas, sen límite algún de idade, que queira perfeccionar o seu dominio sobre o monopatín ou a bicicleta nunhas pistas que teñen desniveis e diferentes niveis de dificultade.

Estas dúas primeiras clases, as primeiras dun ciclo, terán lugar este mércores día 17 e o venres 19, a partir das 19 horas. Non é preciso requisito algún máis que levar o monopatín ou a bicicleta, as proteccións necesarias, e ganas de aprender a gañas destreza nesta práctica.

Luis Arosa, concelleiro de Servizos, organiza esta actividade ante o importante número de usuarios que cada tarde se achegan ao circuito de Pump Track do Regueiro, de todas as idades. “Temos unhas instalacións pioneiras na comarca e tanto a rapazada máis nova como os adolescentes síntese atraídos por esta modalidade deportiva; pero como todo, esto tamén ten a súa técnica”, apunta Luis Arosa que considera esencial “tamén para a súa seguridade” que conten cunha persoa experta que lles ensine a sacar o máximo partido ás instalacións e con seguridade plena.

Skaters e ciclistas teñen por tanto unha cita coa formación dúas tardes desta semana na Praza do Regueiro.

Publicacións Relacionadas