Home Pontevedra O Concello organiza un novo roteiro o domingo 25 de setembro para...

O Concello organiza un novo roteiro o domingo 25 de setembro para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico da contorna do Monte Buxel

- Anuncio -

Tres mámoas e un círculo lítico no roteiro paisaxístico de Redondela polo Monte Buxel

O roteiro (circular) é de balde e estará guiado por Xurxo Constela, arqueólogo redondelán. Non é necesaria a preinscrición, só aparecer ás 10:00 horas do domingo 25 de setembro na gasolineira de Amoedo, na Estrada PO-250.

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, organiza para este vindeiro domingo, 25 de setembro, o último dos roteiros que, dende o mes de marzo, desenvolve os últimos domingos de cada mes para dar a coñecer, á veciñanza e visitantes, a riqueza patrimonial do municipio. “Que a veciñanza coñeza o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico de Redondela é o primeiro paso para a súa protección e conservación” asegurou hoxe a alcaldesa Digna Rivas.

Desta volta, e coa guía de Xurxo Constenla, arqueólogo de A Citania e museólogo do Meirande (Centro de Interpretación da Batalla de Rande), as e os participantes terán a oportunidade de coñecer o enclave arqueolóxico situado entre Redondela e Pazos de Borbén. Nesta localización atópanse tres mámoas, dous grupos de gravados rupestres, un xacemento de foxas da Idade de Bronce e un círculo lítico recentemente atopado. A distancia da ruta é de 7Km e non ten maior dificultade, está pensada para todos os públicos.

Para participar, non é precisa preinscrición algunha, só estar no lugar da saída (gasolineira de Amoedo, na Estrada PO-250) ás 10 horas. Para chegar dende Redondela: dirixirse a Pazos de Borbén pola Estrada PO-250; a uns 6Km dende o centro de Redondela, nun lugar chamado o Chan de Amoedo, onde se atopa unha gasolineira (marcada na palicación Google Maps como “Gasolineira Chan de Amoedo”).

A protección do patrimonio cultural, industrial e natural da contorna de Rande, zona incluída na Rede Natura 2000, “é un obxectivo irrenunciable para o Goberno redondelán”,así o afirma a alcaldesa Digna Riva.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas