HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello organiza un obradoiro para conectar co corpo e co movemento

O Concello organiza un obradoiro para conectar co corpo e co movemento

- Anuncio -spot_img
  • O curso é de carácter gratuíto e as inscricións xa están abertas en muller@aguarda.es

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller (CIM), continúa a promover actividades para achegarse ao autocoñecemento e ao benestar integral das mulleres. Desta volta, organízase  un obradoiro de “Corpo en movemento, o danzar”.

O obradoiro quere que a danza se converta en manifestación do corpo en movemento, expresión bailada, experimentación corpórea, autocoñecemento lúdico.

Ademais abordaranse aspectos imprescindibles, como adquirir unha mínima conciencia corporal, compartir estímulos para a sensopercepción física e kinestésica, aspectos intrínsecos da danza (ritmo, espazo, fluidez, estrutura, tempo…).

As sesións semanais formúlanse cunha duración de hora e media, de 11:30h a 13:00h durante dez sesións, a partir do próximo venres 24 de outubro.

As inscricións aínda están abertas a través do 986 61 46 48 ou de muller@aguarda.es.

Publicacións Relacionadas