Home Pontevedra O Condado O Concello organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación...

O Concello organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARI

- Anuncio -

Será o vindeiro luns 26 de setembro ás 20.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal

O Concello de Ponteareas dá un paso máis no asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios e inmobles situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV). O vindeiro luns 26 de setembro ofrecerá unha charla informativa sobre a declaración de contorna residencial de rehabilitación programada (ERRP) para poder acollerse ás subvencións previstas no primeiro Programa de axudas de rehabilitación a nivel de barrio establecidas ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Esta charla terá lugar a partir das 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal e nela o persoal técnico da ARI-Zona Vella informará sobre os tipos de axudas, contías e procedementos que se deben seguir para solicitalas. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, convida a participar a todos os veciños e veciñas interesadas en rehabilitar algún dos inmobles situados dentro do ámbito do ARI-Zona Vella ou en calquera outra zona do concello de Ponteareas.

Fernández Davila salienta que dende o Goberno municipal do BNG-PSOE estanse levando a cabo iniciativas “para poñer en valor o noso centro histórico e ir recuperando pouco a pouco unha zona emblemática agora degradada e nun deficiente estado de conservación”. Neste camiño, o Concello puxo en marcha un servizo de asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARIZV, a primeira zona que conta con este recoñecemento no municipio e que integran un espazo de case 93.000 metros cadrados que ocupa o núcleo histórico da vila e que beneficiará a un total de 518 vivendas agrupadas en 74 edificios de uso residencial colectivo e 133 unifamiliares, así como 5 edificios de equipamentos e 16 destinados a outros usos.

Con este servizo, o Concello facilita o acceso ás subvencións de fondos públicos ofrecendo asesoramento técnico, visitas técnicas, suxestións de intervención óptima nos inmobles, supervisión de orzamentos e facturas para os programas de axudas de rehabilitación da área, información de subvencións dos distintos plans de vivenda ou regulación autonómica ou estatal en materia de vivenda e de axudas compatibles dentro do ámbito ou fóra destas liñas de financiamento. As persoas interesadas poden consultar toda a información e documentación necesaria na páxina web do Concello ou realizar consultas a través de rehabilitacion@ponteareas.gal.

O Concello de Ponteareas apostou por conseguir a declaración de zona ARI do núcleo histórico “como parte da estratexia para dinamizar o núcleo urbano, mellorando a calidade de vida das persoas e recuperando espazos públicos e privados”, como sinalou a segunda tenenta de alcaldesa, Chus Garrote.

Relacionadas

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Obradoiros de tempada para achegar o Mercado de Tomiño á veciñanza

0
A Asociación de Praceiros e Praceiras pon en marcha unha programación trimestral coa que dinamizar a praza de abastos e poñer en valor os...

O británico Tom Glendenning ilustrará este sábado o recinto do skate park de Covelo...

0
A obra "Hai dous futuros" chamará a actuar contra a emerxencia climática tras ser unha das gañadoras do Concurso de Murais "People & Planet"...

Maceira, Covelo, celebra o seu entroido este sábado

0
Será a partir das 17:30 horas cun desfile individual e por grupos, o concurso de baile, batalla de globos xigantes e merenda A parroquia de...

Publicacións Relacionadas