O Concello de Redondela acolleu este mediodía a recepción á deportista Carla Abad Alonso. A deportista acadou esta temporada grandes éxitos a nivel internacional no Campionato de Europa de Balonmán. Hoxe recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e do concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas “ao máis alto nivel no Balonmán” e auguroulle moitos éxitos no futuro a Carla Abad.
Carla Abad foi, Campeona de Europa U18 Masculino, Campeona do Mundo U19 Masculino e Campeona de Europa U20 Masculino cóa Selección española. E a maiores
Seleccionadora Galega Categoría Cadete Masculina, Coordinadora da Sección Femenina do Club SAR Balonmano de Redondela e Vicepresidenta de la Federación Galega de Balonmán.

