O Concello de Redondela acolleu este mediodía a recepción ó deportista Guillermo García Alonso . O deportista acadou esta temporada grandes éxitos a nivel nacional e autonómico quedando primeiro na copa de España de ciclocross 2025/26 en categoría cadete, primeiro no campeonato galego de XCO 2025 en categoría cadete e terceiro no campeonato de España de ciclocross 2025/26 en categoría cadete.
Hoxe recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e do concelleiro de Deportes, Antonio Cabaleiro, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas “ao máis alto nivel no ciclocross e augúrolle moitos éxitos no futuro a Guillermo García que con tan só 15 anos xa ten gañado a copa de España “.
Guillermo García ten un gran palmarés desde o ano 2024 ata o día de hoxe
-Primeiro da copa Galicia de XCO 2024 en categoría infantil.
-Primeiro no campeonato galego de XCO en 2024 en categoría infantil.
-Primeiro no campeonato de España XCO 2024 en categoría infantil.
-Primeiro no campeonato galego de DH 2024 en categoría infantil.
-Primero da copa Galicia de ciclocross 2024/25 en categoría cadete.
– Segundo no campeonato de Galicia de ciclocross 2024/25.
-Primeiro da copa Galicia de XCO 2025 en categoría cadete.
-Primeiro no campeonato galego de XCO 2025 en categoría cadete.
-Primeiro na copa de España de ciclocross en 2025/26 en categoría cadete.
-Terceiro en el campeonato de España de ciclocross 2025/26 en categoría cadete.



