A ocupación do tradicional lugar da feira polas atraccións da festa da Coca imposibilitan a realización do mercado
Mañá martes, 21 de xuño, non se celebrará o tradicional mercado quincenal de Redondela ao estar ocupado, o seu lugar emprazamento, polas atraccións da Festa da Coca. A suspensión fóralle xa comunicada polo Concello, a través da concellería de Feiras e Mercados que xestiona Vicente Lamas, ao colectivo de vendedores e vendedoras ambulantes na pasada feira do día 6.
O mercado quincenal que se celebra todos os días 6 e 21 de cada mes, retomará a súa actividade habitual o mércores 6 de xullo.