Soutomaior inicia o Nadal cunha ampla programación de actividades que se irán desenvolvemento desde o 5 de decembro ata o 10 de xaneiro entre as que se atopa a visita do Apalpador, de Papá Noel, a celebración da San Silvestre, unha gran FESTA DE FIN DE ANO, a Carteira Real e a recepción e Cabalgata de Reis.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña presentaron hoxe o Nadal de Soutomaior que se desenvolverá dende o 5 de decembro. Un Nadal que terá como núcleo de centralidade a Alameda de Talo Río onde se instalará unha carpa de Nadal que este ano contará con moitas melloras de confortabilidade.
O Nadal comezará o día 5 de decembro cunha charla coloquio, e o 6 de decembro terá lugar un dos actos máis agardados, o acendido das Luces que, este ano, contarán coa colaboración da Asociación Bicos de Papel e con moitas actividades entre as que se atopa o un espectáculo de rúa de Troula, o espectáculo musical Orquestra de camarote Band e o mercado de Nadal das Anpas e moitos obradoiros.
Un Nadal onde haberá grandes citas e onde, un ano máis, o concello ten organizado unha gran FESTA DE FIN DE ANO co Trío Tic Toc e Yaya DJ.
Un Nadal onde Soutomaior tamén contará cunha fermosa cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro. Un Nadal para o desfrute de todas as persoas.
O lema deste ano da campaña é, un ano máis, VIVIR O NADAL EN SOUTOMAIOR porque Soutomaior quere VIVIR: o comercio local, coas campañas de promoción e dinamización económica: NADAL NO PETO, para incentivar o gasto no comercio e hostalería local destinando 1500€ repartidos en quince premios de 100 euros que se sortearán entre as persoas que realicen unha ou varias compras por valor mínimo de 20€ nun establecemento comercial ou hostaleiro do Concello de Soutomaior (compras desde o 5 de decembro de 2025 ata o 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos); ADOBIAR O LOCAL para que as rúas lozan bonitas e crear ambientes navideños apoiados co alumeado especial de Nadal; COLABORA COA SAN SILVESTRE, para que as empresas locais se impliquen en eventos como a San Silvestre.
Soutomaior quere VIVIR a economía circular e a solidariedade, co II MERCADO DE OPORTUNIDADES E DE SEGUNDA porque son moitos os obxectos que poden ter unha segunda e así reutilizar, renovar ou reciclar para así incidir no respecto e coidado polo medio ambiente á vez que fomentamos actitudes solidarias onde compartir o que xa non usamos ou non queremos.
Soutomaior quere VIVIR o deporte, reforzando os vínculos sociais a través das actividades físicas para todos os públicos como na carreira San Silvestre que se desenvolverá o sábado 27 de decembro. Inscricións abertas do 10 ao 21 de decembro.
Soutomaior quere VIVIR a mestizaxe das tradicións e a interculturalidade, achegando un programa no que están presentes figuras como a do Apalpador, Grinch, Papá Noel, a Carteira Real e a celebración da tradicional Cabalgata de Reis.
Soutomaior quere VIVIR o tecido asociativo, impulsando a participación veciñal a través do Concurso de Doces de Nadal, que conta coa colaboración das asociacións do concello.
Soutomaior quere VIVIR a cultura, cunha programación para todas as idades onde disfrutar de espectáculos musicais, teatrais, concertos, obradoiros e unha morea de propostas de lecer para a mocidade, a terceira idade e as persoas de todas as idades.
Soutomaior quere VIVIR as relacións interxeneracionais, implicando aos centros educativos e aos centros de maiores nas que os nenos e nenas agasallan aos maiores e gozan e comparten dun espectáculo xuntos e xuntas.
Soutomaior quere VIVIR a diversidade funcional, con actividades adaptadas e visibilizando as múltiples capacidades das persoas para isto celebrará o I ENCONTRO INCLUSIVO o día 13 de decembro con expositores informativos de CELTA INTEGRA | AMICOS | ASDIVALU | CONTAZ | ANDAINA e con actividades inclusivas.
Soutomaior quere VIVIR as persoas maiores, co seu Baile de Maiores de 65 anos, que volve un ano máis co fin de que a xente maior poida despedir o ano nun Baile de Nadal no que non faltarán o cotillón e a chocolatada.
Soutomaior quere VIVIR a conciliación, cos campamentos Concilia que se desenvolverán do 22 ao 31 de decembro no Centro de Benestar Integrado, inscricións en liña ata o 2 de decembro ás 14:00h.
Un programa que contará con sesións vermú, tardeo musical con actuación de Algo pasa con Mey, Demasiadas Luces y Pocas Sombras ou Desconcerto ou co espectáculo de Peter Punk Nadal chungo que te cagas.
Un Nadal para vivir todas e todos en Soutomaior, un Nadal para o desfrute de toda a veciñanza.



