O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, explica que se realizará unha mellora da infraestrutura viaria actuando no firme para ofrecer servizos de calidade á veciñanza destas zonas.
A mellora das infraestruturas viarias no rural é un eixo de traballo fundamental para o Goberno local, consciente da necesidade de ofrecer servizos de calidade a toda a veciñanza do termo municipal.
Dentro dese traballo, o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, vén de presentar o proxecto elaborado polo Concello para a pavimentación de 11 camiños rurais en diversas parroquias, para o que se calcula unha inversión de 228.362,48 euros, que se solicitará ao Plan Concellos da Deputación.
En total, realizarase unha mellora no pavimento de cerca de 2,7 km, rehabilitando o firme e resolvendo problemas estruturais presentes no mesmo como gretas, deformacións… Ademais, crearanse cunetas naqueles camiños onde haxa máis complicacións coas augas pluviais. Asemade, haberá unha adaptación á rasante dos rexistros de alcantarillado cando sexa posible e se realizará unha sinalización horizontal dos bordes laterais da calzada.
Concretamente, os camiños nos que se actuará serán os seguintes:
Parroquia Camiño
San Xián Arealonga
Carballal
Mogor Agrovello
Cividanes
Seixo San Blas (Aguete)
O Campo Currás
Santomé de Piñeiro Fixón
Silvestre-Troncosa
Miñán
Ardán Os Tombos
Os Picotes
O Concello espera que poidan comezar a executarse os traballos a partir do segundo semestre do ano.