Home Pontevedra Poio O concello procede á instalación de balizamento nas inmediacións da praia da...

O concello procede á instalación de balizamento nas inmediacións da praia da Illa de Tambo

- Anuncio -

• O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís (PSdeGPSOE), explica que a actuación, levada a cabo por unha empresa especializada, ten coma obxectivo garantir a seguridade

• Lémbrase que as visitas guiadas poden solicitarse a través da web do Concello e da de Turismo de Poio

O Concello de Poio vén de acometer a dotación de balizamento na contorna da Illa de Tambo, concretamente nas inmediacións da praia Area da Illa, unha medida que se toma para garantir que se manteña a distancia pertinente entre o areal e as embarcacións que optan por fondear nas inmediacións deste enclave.

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), lembra que esta actuación realízase para garantir a seguridade e que conta cos permisos pertinentes por parte da Capitanía Marítima e do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Os traballos de instalación do balizamento concluíron este martes e serven para garantir a seguridade. A actuación levouna a cabo unha empresa especializada, Neste sentido, Agís lembra que desde mediados de agosto xa se poden solicitar por parte da cidadanía reservas para visitar Tambo, a través de excursións guiadas. O Concello recalca que a día de hoxe só se pode acceder ao enclave a través das navieiras con base en Combarro que cobren o traxecto. As solicitudes poden tramitarse a través da páxina web do Concello (www.concellopoio.gal) e da de Turismo (www.turismodepoio.gal). As visitas abertas á veciñanza en xeral poden realizarse os venres, sábados e domingos, ademais de festivos, en horario de mañá. Tamén se habilitou a opción de solicitar a realización de excursións guiadas para colectivos e asociacións. Estas visitas teñen unha duración que oscila entre as dúas horas e media e as tres horas, tempo no que os e as participantes teñen ocasión de coñecer algúns dos enclaves de referencia de Tambo, como as ruínas do lazareto, da capela de San Miguel, o antigo polvorín ou as dependencias militares abandonadas, así como a Pedra Taffoni.

O edil de Promoción Económica salienta a boa acollida que están a ter estas visitas guiadas e insiste en que esta fórmula é “a máis efectiva e axeitada para poder garantir a seguridade das persoas e a preservación da illa, ao tempo que a consolidamos como un punto de interese de referencia nas Rías Baixas”. Neste sentido, Gregorio Agís tamén recorda que o Concello segue a traballar para acadar a definición de Tambo como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) e no Plan de Usos, dous documentos “indispensables” para a recuperación de Tambo e para permitir no futuro visitas menos restritivas. Ademais, o edil socialista explica que se están a realizar traballos de limpeza, desbroce e mantemento de xeito periódico, para garantir as boas condicións e os accesos nas zonas polas que transcorre a senda delimitada que percorren os e as visitantes. Os traballos inclúen, asemade, a instalación de valado para protexer o sistema de dunas e preservar as especies protexidas.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez sitúa a Pablo Hinojar como “unha das figuras máis emblemáticas...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra á I Gala Homenaxe Pablo Hinojar, un...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa no acto de entrega de premios do campionato Galego...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra no acto de entrega...

Digna Rivas: “O BNG debe reflexionar se apoia un goberno progresista ou se segue...

0
- No último pleno da corporación o grupo municipal do BNG sumou os seus votos ao PP para rexeitar a Axenda Urbana, o que...

María José Gómez salienta a importancía da Feira do Mel “Alvariza” de Lalín para...

0
A conselleira sinalou que este tipo de celebracións contribúen a impulsar as canles curtas de comercialización e poñer de relevo o comercio de proximidadeLembrou...

O Entroido de Cobres encara 2025 co reto de pór en valor unha festa...

0
Concello e Asociación Cultural convidan a desfrutar dun programa que ten o 22 de febreiro o súa primeira xornada intensa co seu percorrido polas...

A Deputación dá comezo este domingo ás rutas ornitolóxicas do 2025 cun percorrido pola...

0
A primeira saída do programa Voando nas Rías Baixas, que impulsa a institución provincial da man de SEO/BirdLife, esgotou as 25 prazas ofertadas en...

Publicacións Relacionadas