O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa anexa aos edificios da Avenida de Ourense

adminON
Lectura mínima de 2

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas, que serán pintadas ao rematar o ancheamento” 

A obra da Avenida de Ourense, impulsada polo Ministerio de Transportes, ten por obxecto mellorar a mobilidade na nosa maior arteria de comunicación, cohesionando os intereses tanto dos peóns como do tráfico e do estacionamento. 

Neste sentido e ante as dúbidas trasladadas pola cidadanía, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, aclara que “o ancheamento da beirarrúa non acarrea a eliminación de estacionamento nesta beirarrúa pegada aos edificios”. Tal e como indica Santos, a confusión hoxe é entendible, porque coa creación da nova beirarrúa semella que se “comeu” ese espazo. 

Toda a explicación está no desprazamento do eixo da estrada. “Ao desprazar o eixo, xa que hai espazo de sobra”, explica Santos, poderanse repintar todas as prazas que había actualmente nese lateral da Avenida. 

O único lugar onde se ve afectado o estacionamento con esta obra é onde se creará a rotonda, no entronque coa Rúa Vidal Pazos, tal e como xa se informou a pasada semana. Para poder crear a glorieta, será preciso prescindir das prazas que hai nesa “barriga” actual que hai xunto á Biblioteca e as que están en liña na beirarrúa oposta, fronte a Nodosa.

Santos cre que esta zona está apoiada por varios aparcadoiros disuasorios, como os do Regueiro, Sagrada Familia, Concepción Arenal, Quevedo, Inferniño e as dúas grandes bolsas de República Arxentina, entre as que suman ….. prazas.

Comparte este artigo