HomeO MorrazoMarínO Concello recibe 282 solicitudes para os campamentos de conciliación de verán 

O Concello recibe 282 solicitudes para os campamentos de conciliación de verán 

- Anuncio -spot_img

O prazo mantense aberto ata o venres. O Goberno local xa comunicou telefonicamente o cambio de emprazamento das quincenas do CEIP do Sequelo ao CEIP da Laxe polas obras previstas para o verán. 

O Concello de Marín recibiu ata o momento 282 solicitudes para acadar unha praza nos campamentos de conciliación que se organizan durante os meses de verán. En total, ofértanse 250 prazas en Marín, 25 en Mogor e outras 25 en Seixo. 

Durante esta semanas, o Goberno local chamou telefónicamente ás persoas interesadas para comunicar que haberá un cambio de emprazamento. As quincenas que estaban previstas para o CEIP do Sequelo pasarán a desenvolverse no CEIP da Laxe, debido a que están previstas obras tanto no ascensor como no pavillón do primeiro dos centros educativos. 

O prazo para solicitar praza segue aberto ata este venres.

Publicacións Relacionadas