HomePontevedraO Concello recibe ao equipo feminino do Club Waterpolo Pontevedra, o único...

O Concello recibe ao equipo feminino do Club Waterpolo Pontevedra, o único de Galicia na Liga estatal

- Anuncio -spot_img

O equipo rematou o ano no posto 11 da clasificación e as xogadoras encaran a nova tempada cuarta consecutiva, convertidas nun referente deportivo para as nenas.
Anabel Gulías lembra que levan o nome de Pontevedra por todo o territorio español.


A concelleira de Deportes Anabel Gulías recibiu esta tarde en Michelena, 30 ao Club Waterpolo Pontevedra, o único de Galicia cun equipo na primeira división da Liga española de waterpolo feminino. Rematada a tempada 2024/2005 no posto 11 da clasificación, co adestrador Arthur Neves ao fronte, mantense na categoría de xeito ininterrompido desde o seu ascenso no ano 2022.

O encontro é o recoñecemento oficial do Concello de Pontevedra ao seu palmarés, que marca historia no deporte da cidade e no deporte galego.

Por outra banda, a concelleira quixo poñer en valor os seus logros, a súa visibilidade porque fai do Waterpolo Pontevedra un referente, xa que todas as nenas e mozas que aman o deporte aínda teñen que loitar contra estereotipos e prexuízos.

Anabel Gulías, na súa calidade de concelleira-delegada da empresa municipal Turismo de Pontevedra, subliñou tamén o feito de que o Club Waterpolo leve o nome da Pontevedra por España, unha cidade que aposta polo deporte e os seus valores, o que a fai merecedora de recoñecementos como a recente placa conmemorativa do COE.

Publicacións Relacionadas