HomePontevedraPontevedraO Concello recibe de Costas a concesión dos 17.000 m2 da antiga...

O Concello recibe de Costas a concesión dos 17.000 m2 da antiga imprenta provincial e do parque de maquinaria

- Anuncio -spot_img

Pontevedra consigna 3 millóns de euros para pagar o “taxazo de Sogama” para o ano 2025.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a aceptación da concesión por parte de Costas dos terreos que antes ocupaban o parque de maquinaria e a imprenta provincial. O alcalde de Pontevedra e portavoz do Goberno, Miguel Anxo Fernández Lores explicou que “ata o de agora non tiñamos ningún título habilitante para actuar alí porque era unha concesión da Deputación, pero a concesión é do Concello de Pontevedra”.

Trátase dunha parcela de 17.688 m2 sobre a que Costas outorga unha concesión de 15 anos prorrogable por outros 15, e cun uso xeral, público e de balde. O mantemento correría a cargo do Concello.

A Xunta de Goberno tamén autorizou o incremento do gasto destinado ao tratamento dos residuos urbanos que o Concello envía a Sogama debido ao incremento do custe do servizo de tratamento de tonelada de lixo que pasou de 72 euros a 108 euros, o que supón un incremento do 50%.

O acordo gubernamental é para incrementar de dous a tres millóns de euros a partida para o cubrir estes gastos, que como informou o alcalde non se debe a unha maior recollida de toneladas de residuos producidas por Pontevedra senón a incremento das tarifas de Sogama.

Este acordo de incremento é tanto para o ano vixente como para 2026.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou esta mañá a contratación do servizo de control, mantemento e xestión de 16 fontes ornamentais:

  1. Fonte dos Nenos
  2. Fonte da Praza de Galicia
  3. Fonte das Palmeiras
  4. Fonte de Campolongo
  5. Fonte dos Xardíns Marescot
  6. Fonte da Ferrería
  7. Fonte na Praza da Estrela
  8. Fonte dos Tornos
  9. Fonte do Teucro
  10. Fonte do Peirao
  11. Fonte Praza De Luís Otero (*)
  12. Fonte na rúa Gaiteiro Ricardo Portela
  13. Fonte rúa Laranxo
  14. Fonte das Ras
  15. – Fonte de Barcelos
  16. Fonte de Avda. Compostela
    Trátase dun contrato de 4 anos de duración cun orzamento global de 341.516 €.

    Por outro lado, a Xunta de Goberno tamén aprobou a contratación da ampliación dos gastos de vestiario e equipos de protección individual (EPI) para diversos servizos e seccións do concello (electricidade, parque móbil, obras, sinalización, xardíns e policía). O orzamento para 4 anos é de 428.011 €.
    Finalmente, tamén autorizou a regularización das obras para a instalación de 39 puntos de recarga de vehículos eléctricos en tres parkings municipais:
    ◦ Barcelos: 23 puntos.
    ◦ Audiencia: 12 puntos.
    ◦ Mercado: 4 puntos

Publicacións Relacionadas