O Concello recupera a antiga parcela da escola taller para analizar os seus futuros usos

adminON
Lectura mínima de 2

O concelleiro Alberto Oubiña achegouse esta mañá ao lugar para ver os traballos de limpeza, roza e tala  de especies invasoras, e coñecer o estado dos invernadoiros que están na parcela.∫ 

O Concello de Pontevedra continúa a mellorar o barrio de Monte Porreiro da man da veciñanza. Nesta  ocasión, o concelleiro delegado do barrio Alberto Oubiña priorizou a roza e limpeza da antiga parcela da  escola-taller que linda coa rúa Reino Unido e o acceso á estación de bombeo a petición da asociación de  veciños O Mirador.  

O Concello leva uns días traballando no lugar, ao onde se achegaron esta mañá os concelleiros Alberto  Oubiña e Xaquín Moreda, responsable dos Servizos urbanos básicos, para ver a súa evolución.  

Trátase dunha parcela de 3.000 metros cadrados onde nacen todo tipo de sebes e árbores invasoras,  principalmente acacia. A actuación contempla limpeza, roza de sebes e, incluso, a tala de todas estas  especies e permitirá mellorar a retención das augas que se canalizan cara o acceso á estación de bombeo de  Monte Porreiro e ver cal é o estado dos invernadoiros instalados na parcela, e así decidir o seu futuro,  segundo adiantou o concelleiro delegado do barrio Alberto Oubiña.  

A intervención ten un custe de 17.600 euros. 

Comparte este artigo