O concello relanza o libro “Un Paseo por Nigrán” a través da publicación de postais divulgativas

adminON
Lectura mínima de 1

Tralo éxito que agotou todos os exemplares, o alcalde de Nigrán, Juan González e o concelleiro de Cultura, Roberto Garrido, relanzan o libro do grupo de arte Solaina coa edición de postais exclusivas que inclúen un código QR vinculado ao libro.

As postais non só serán un recordo visual de Palacios senón que tamén ofrecerán acceso directo á obra da escritora Soledad García. Cun enfoque innovador, as lectoras e lectores poderán levar “Un paseo por Nigrán” nos seus móbiles e seguir a ruta recomendada, á vez que desfrutan en familia de prácticas de vida máis concientes e saudables.

O concelleiro de Cultura afirma que o relanzamento do libro é unha invitación aberta a percorrer o verxel da fauna e o patrimonio de Nigrán convertido en conto.
Surfistas, xigantes, sereas, cruceiros… pintan con maxia a noite de San Xoán, as tradicións, as praias, o esteiro, o bosque fósil.. dende Prado á Ramallosa, de Panxón a Nova York, dende o Gran Burato ao corazón do río Muíños.

Comparte este artigo