Home O Morrazo Marín O Concello renova 341 puntos de luz por tecnoloxía LED por todo...

O Concello renova 341 puntos de luz por tecnoloxía LED por todo o casco urbano e o Estadio de San Pedro

- Anuncio -

Invertíronse cerca de 196.000 euros, ao abeiro dunha subvención do IDAE, procedente dos fondos FEDER, e coa aportación do 10% da Deputación de Pontevedra e o restante 10% das arcas municipais.

As melloras tecnolóxicas, a concienciación social e o incremento do prezo da enerxía motivou que nos últimos anos se centren esforzos na renovación do alumeado público de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, utilizando tecnoloxías máis modernas que axuden ao medio ambiente e ao aforro de cartos públicos.

Nese sentido, Marín vén de executar un ambicioso proxecto de renovación de luminarias, cambiando 341 puntos de luz do casco urbano e no Estadio Municipal de San Pedro por tecnoloxía LED, instalando unha potencia total de 50.870 W.

Para levalo a cabo, foi preciso realizar unha inversión de 195.775,18 euros, que procede dun convenio coa Deputación para a xestión dunha subvención do IDAE, quedando o reparto económico da seguinte forma: 80% do Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE); 10% da Deputación Provincial e 10% das arcas municipais.

Con este proxecto, conseguiuse reducir a potencia instalada e o consumo asociado, mellorando a calidade da iluminación e mellorando a eficiencia das instalacións, sen ter que incrementar o número de puntos de luz á vez que se cumple cos niveis esixidos de luminancia.

A actuación desenvolveuse en diversas partes do casco urbano, sendo esta a distribución por bloques e por número de luminarias:

Zona Luminarias renovadas
● Banda do Río e as súas transversais
● Subida á Rúa do Forte 36

● Augusto Miranda 9

● Rúa do Sol
● Rúa Real
● Rúa Almuíña
● Rúa Echegaray
● Ribeira de Arriba
● Praza da Veiguiña
● Secundino Lorenzo
● Rúa do Forno 181

● Concepción Arenal 23

● Fondo do Saco
● Rúa da Róda
● Méndez Núñez 30

● Méndez Núñez
● Rúa Estrada 26

● Campo de fútbol e pista de
atletismo de San Pedro 32

Relacionadas

Concello de Nigrán retira 20kg de lixo de desembocadura do río Muíños na XVI...

0
Unha quincena de voluntarios de todas as idades participaron o domingo na xornada, atopándose fundamentalmente envases plásticos e botellas O Concello de Nigrán sumouse como...

O Concello reúnese coa veciñanza de Pedreiras de Abaixo para explicarlle de primeira man...

0
Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín explicaron que o proxecto do seguinte tramo no que se actuará está adaptándose aos actuais prezos do...

Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou o centro, que se atopa inmerso na execución destas melloras. Está previso que as obras finalicen cara...

O mércores 27 de setembro inaugúrase a exposición “Cartografía de a Raia” no Museo...

0
A exposición poderase visitar ata o vindeiro 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11 a 14 h y de 17...

O Concello do Rosal avanza na mellora da súa eficiencia enerxética con dúas novas...

0
A súa instalación sae a licitación por un importe de case 95.000 euros financiados ao abeiro do Fondo de Cooperación Local O Rosal camiña con...

O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ofrece catro contacontos...

0
A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, ofrece catro contacontos infantís a través do programa de dinamización da...

Publicacións Relacionadas