HomePontevedraO Concello renova o camiño da Chousa, en Vilar

O Concello renova o camiño da Chousa, en Vilar

- Anuncio -spot_img

– Operarios do Concello de Redondela realizaron o traballo, con máis de 100 metros de camiño asfaltado en quente para o que se empregaron 65 toneladas de alcatrán. O concelleiro Reberto Villar destaca que é a primeira vez que se acomete unha obra desta envergadura con medios municipais.

– Os traballos de mellora noutros oito camiños en Cesantes, Quintela, O Viso, Reboreda, Redondela, Vilar e Cedeira están a piques de rematarse. Asfaltáronse máis de 4.700 metros cadrados de camiños municipais que inclúen a renovación do camiño Coto do Coello, que dá acceso ao Colexio Vigo.

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, informa que xa remataron os traballos de asfaltado en quente no camiño da Chousa, en Vilar. Operarios municipais fixeron as labores cunha máquina estendedora. O tramo máis longo, de 92 metros, completouse co arranxo en tramos máis pequenos noutros puntos do camiño. En total foron 65 toneladas de asfalto as que se empregaron para a renovación deste camiño. Villar destaca que é a primeira vez que o Concello de Redondela acomete unha obra desta envergadura con medios propios. O concelleiro agradece “a implicación” dos traballadores municipais e valora o resultado dun xeito “moi positivo”. Villar sinala que desde  a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade “estase a avanzar na reparación e mellora das estradas e camiños do municipio, e o obxectivo é seguir nesta liña tanto con fondos propios do Concello como doutras administracións”.

Por outra banda, as obras de acondicionamento e mellora do pavimento en oito camiños municipais de diferentes parroquias está a piques de rematar. Xa se asfaltaron un total de 4.772 metros cadrados en Cesantes, Quintela, O Viso, Reboreda, Redondela, Vilar e Cedeira. Unha das estradas que se renovou é o camiño Coto do Coello en Cedeira, que dá acceso ao colexio Vigo. O asfaltado de máis superficie foi o do camiño de Baixada da rúa Campo de Fútbol á rúa Pedro Floriani, en Cesantes, con máis de 1.125 metros cadrados. Na parroquia de Quintela asfaltouse o camiño Fogueteiro, no Viso o camiño da Carreteira, en Reboreda a estrada da Quintana, en  Vilar as obras realizaranse no camiño do Cusqueiro e no centro urbano de Redondela renovouse a Subida á Estación. Os traballos están a piques de rematar a falta de nivelar as arquetas e posteriormente proceder ao pintado das rúas.

Publicacións Relacionadas