HomePontevedraO Concello reparte 1.770 axendas para escolares de Primaria e Secundaria dedicadas...

O Concello reparte 1.770 axendas para escolares de Primaria e Secundaria dedicadas ás cantareiras

- Anuncio -spot_img

– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira Rita Pérez Táboas, visitaron hoxe o CEIP Porto Cabeiro, de Vilar, onde entregaron as axendas escolares para o curso 2025/26 coas que o Concello agasalla a todo ao alumnado. Son en total 1.770 axendas que por primeira vez non se limitan ao alumnado de Primaria, senón que tamén se repartirán nos institutos de Secundaria dos centros públicos do municipio.

– A presentación das axendas realizouse na renovada pista polideportiva do centro. A instalación presentaba un firme de asfalto en moi malas condicións que foi substituído por unha pista de formigón pulido para práctica depotiva máis cómoda e segura, “tanto para o alumnado do centro como para a veciñanza da contorna”. A reforma supuxo un investimento de 47.866 euros, dos que o Concello financiou 25.884 euros e a Deputación de Pontevedra 22.131 euros.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira Rita Pérez Táboas, visitaron hoxe o CEIP Porto Cabeiro, de Vilar, onde entregaron as axendas escolares para o curso 2025/26 coas que o Concello agasalla a todo ao alumnado. Son en total 1.770 axendas que por primeira vez non se limitan ao alumnado de Primaria, senón que tamén se repartirán nos institutos de Secundaria dos centros públicos do municipio. Estas axendas acompañarán á rapazada ao longo de todo o curso, e na edición deste ano as protagonistas son as cantareiras e pandeireteiras, mulleres transmisoras do patrimonio cultural ás que se homenaxeou nas Letras Galegas. As axendas inclúen tamén información sobre as tradicións de Redondela e as actividades culturais, así como mapas e outra información útil para o alumnado.

Para a alcaldesa é importante que estas axendas, ademais de ser unha ferramenta de comunicación entre alumnado, familias e profesorado, “sirvan tamén para fomentar a nosa cultura e a labor das mulleres na transmisión da cultura, un papel ás veces invisible”. Rivas lembrou que no curso anterior as axendas destacaban o papel da muller no deporte, con seis redondelás como exemplo de diferentes disciplinas como o fútbol, o balonmán ou o taekwondo. Na axenda deste ano as cantareiras tradicionais e grupos como Tanxugueiras ou Fillas de Casandra ocupan as primeiras páxinas da axenda. Tamén o redondelán Casto San Pedro, historiador e folclorista autor do Cancioneiro Musical de Galicia.

Presentación no CEIP Porto Cabeiro

A presentación destas axendas escolares realizouse esta mañá no CEIP Porto Cabeiro xunto á directora, Cecilia Rodríguez, na renovada pista polideportiva do centro. O alumnado de Porto Cabeiro estreou este curso a nova pista, de máis de 900 metros cadrados e totalmente renovada. A instalación presentaba un firme de asfalto en moi malas condicións que foi substituído por unha pista de formigón pulido cun tratamento para evitar esvaróns. Esta nova pista permite unha práctica do deporte máis cómoda e segura, “tanto para o alumnado do centro como para a veciñanza da contorna que utiliza este espazo deportivo municipal”. A comunidade educativa valorou dun xeito “moi positivo” esta obra. A reforma, incluída no plan +Provincia, supuxo un investimento de 47.866 euros, dos que o Concello financiou 25.884 euros e a Deputación de Pontevedra 22.131 euros.

Publicacións Relacionadas