O concello retoma o dobre sentido en Bouzavella tras a paréntese do verán

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello repetíu así a fórmula de 2024 de manter esta norma de unidireccionalidade só durante a tempada estival ante o gran aumento do tráfico

O Concello de Nigrán ven de retomar o dobre sentido na rúa Bouzavella, vial que conecta Estrada pola Vía coa contorna de Patos, despois da paréntese da tempada estival na que se estableceu sentido único descendente desde Camiño do Cocho a Tomás Mirambell. A sinalización xa foi mudada acorde a esta nova disposición.

O Concello repetíu así a fórmula de 2024 de manter esta norma de unidireccionalidade só durante o verán para zanxar por completo cos problemas que xera o gran aumento de tráfico nesa época ao ser unha rúa con tramos moi estreitos, onde non se cruzan simultáneamente dous vehículos. “Pasada a tempada alta, sen case tráfico, regresa ao dobre sentido habitual. A medida xa amosou no 2024 que funciona e hai consenso entre a veciñanza da zona en que esta alternancia é a mellor opción”, explica o alcalde, Juan González. 

Comparte este artigo