Home Pontevedra Campo Lameiro O concello reúne aos veciños promotores da Festa d@s Moz@z dos anos...

O concello reúne aos veciños promotores da Festa d@s Moz@z dos anos 70 para que reciban o domingo a homenaxe do público

- Anuncio -

Foron pioneiros na posta en marcha de festivais de promoción e divulgación da música galega e en galego na Transición e nos primeiros anos da democracia.

O Concello de Campo Lameiro volve a xuntar a gran parte dos promotores que puxeron en marcha nos anos 70 a Festa d@s Moz@s e que foron pioneiros na celebración de festivais de música galega e en galego dinamizando o panomara cultural e sendo referencia en toda Galicia.

Así, o alcalde Carlos Costa e as concelleiras Nieves Boullosa e Delia Carramal están poñéndose en contacto con aquelas persoas que hai 45 anos iniciaron esa xeira que levou na década dos anos 70 a convertir a Campo Lameiro en escenario obrigado para a presenza de cantantes e grupos galegos da talla de Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, Milladoiro, Xocaloma, Brath, A Quenlla, Buxán e mesmo A Roda.

Nun primeiro encontro participaron, entre outros, José Maquieira Barros, Gonzalo Silva Barros, Ana Caeiro Rey, Manuel Barros Taboada, Pilar Fernández Fontenla, Gloria Fernández Barros, Maruja Martínez Fontenla e Amparo Martínez Fontenla. “Son moitos máis os que pasaron polas diversas etapas como organizadores da Festa d@s Moz@s, hai outros moitos que faltan xa, pero a nosa intención é reunir aos máximos posibles e adicarlles unha homenaxe polo que supuxeron non so para Campo Lameiro senón para o mundo da música galega en todo o país”, indicou o alcalde.

SON TODOS OS QUE ESTÁN, PERO NON ESTÁN TODOS OS QUE SON

“Seguimos chamando e localizando á xente para que este domingo, día 4 de setembro, acudan ao rexurdimento desta festa na que teremos tamén un elenco de grupos e cantantes galegos que están en activo e que son exemplo da continuidade dese espírito que fixo que Campo Lameiro se convertira nunha especie de “Meca” da música galega. Fixemos unha fotografía cos que puidemos xuntar no primeiro intento, pero aínda que son todos os que están, non están todos os que son. A nosa ilusión sería poder xuntar aos máximos posibles, por non dicir a todos”.

O vindeiro domingo 4 de setembro estarán nesta nova Festa d@s Moz@s Manoele de Felisa, A Banda da Balbina, A Roda e Astarot. Ademais, entre as 16 e as 18 horas haberá diversos xogos populares que recuperarán tamén aqueles entretementos que se facían neses anos e nos que participaba toda a mocidade.

“Todas aquelas actividades non se poderán recuperar, como por exemplo a carreira de burros, porque agora non se pode, pero intentaremos que os máis cativos, que as familias, o pasen ben nos momentos previos ao concerto que comezará ás 18 horas, aproximadamente, e que reunirá nesta nova edición despois de 30 anos de parón a cantantes como Manoele de Fellisa, e agrupacións galegas con estilos diferentes e personalidade propia como son A Banda da Balbina, A Roda e mesmo Astarot, que pechará o festival”, indicou o alcalde Carlos Costa.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas