Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O Concello solicita á Dirección Xeral de Administración Local informe de sustentabilidade...

O Concello solicita á Dirección Xeral de Administración Local informe de sustentabilidade financeira para a Residencia de Maiores de Carballedo

- Anuncio -

• Cubela pretende que se invistan 3,6 millóns de euros, dos cales o Concello aportará 750.000 euros de fondos propios, se cren uns 20 postos de traballo e sexan atendidas 59 persoas na residencia e unha vintena de usuarios no Centro de Día

O Concello de Cerdedo-Cotobade remitiu á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia a solicitude de informe para decretar a sustentabilidade financeira do Concello para construir a Residencia de Maiores de Carballedo mediante un contrato de concesión
de obra para a redacción do proxecto, equipamento, construción do edificio e explotación do centro xeriátrico para 59 persoas e de Día cunha vintena de beneficiarios.

O investiento de capital necesario ou orzamento previsto estimado para a construción desta Residencia de Persoas Maiores en Carballedo cunha capacidade de 59 prazas (e un Centro de Día con capacidade para unhas 20 persoas) coas características arquitectónicas e técnicas mínimas que se perfilan nas propias previsións do Plan Especial de Dotación e que figuran no Prego de Cláusulas ou Prescripcións Técnicas rectoras do contrato tamén elaborado para o presente procedemento de licitación calculan que fará falla un investimento de 3.609.620 euros.

O Concello de Cerdedo-Cotobade fará un aporte a este proxecto de 750.000 euros procedentes de fondos propios, pero o adxudicatario terá que aportar tamén 192.808 euros correspondentes aos gastos de expropiación, retranqueo da liña eléctrica e urbanización do entorno da parcela que albergará a futura Residencia de Persoas Maiores de Carballedo que creará uns 20 postos de traballo e permitirá atender a 59 persoas na residencia e a unha vintena de usuarios no Centro de Día.

A nova residencia emprazarase en cinco parcelas que suman 10.688 metros cadrados e terá unha superficie de 3.304 metros tras un investimento duns 3,6 millóns de euros, cunha aportación do Concello de 750.000 euros de fondos propios e un prazo de execución material da obra duns 14 meses.

Segundo o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, “imos dando un paso máis no camiño de conseguir para Carballedo unha Residencia da Terceira Idade que atenda a demanda dos nosos maiores e permita, ao mesmo tempo, ampliar a oferta laboral no nos municipio e axudarnos a fixar poboación. Agora estamos superando os últimos requisitos técnicos e administrativos para poder sacar a licitación canto antes esta importante
obra que permitirá que os nosos maiores poidan optar a un establecemento moderno, con todas as comodidades, no seu entorno e a un paso dos seus familiares. Queremos que os nosos maiores que o necesiten e así o decidan teñan os mellores recursos e a mellor atención para ofrecerlles a mellor calidade de vida posible. Eles moito fixeron por nós e agora, a un concello solidario, tócalle estar á altura do que sexa preciso para axudar a quen o necesite”, indicou o rexedor.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas