HomeO SalnésA Illa de ArousaO concello solicita ao Consorcio parellas educativas en todas as aulas da...

O concello solicita ao Consorcio parellas educativas en todas as aulas da Galiña Azul

- Anuncio -spot_img

A apertura dunha aula para bebés sen o persoal suficiente provoca unha merma na atención aos nenos e nenas usuarias

O goberno local de A Illa trasladou esta mañán ao Consorcio Galego de Benestar Social reclamando unha parella educativa que atenda con calidade as distintas aulas do centro educativo A Galiña Azul da Illa de Arousa.

O goberno responde así a unha petición de nais e pais usuarios deste centro que constataron unha merma na calidade ao non contar co persoal suficiente.

A Galiña Azul conta agora cunha aula para bebés, inicialmente dotada cunha única profesora o que obrigou á organización do centro a botar man dunha das profesores doutra aula, deixando ao nenos dunha franxa de idade maior, con menos atención.

Desde o Concello de A Illa solicitan que se dote a todas as aulas dunha parella educativa como persoal mínimo para prestar atención a uns nenos que, en calquera das aulas, ten menos de 3 anos e por tanto, precisa a máxima atención.

Publicacións Relacionadas