HomePontevedraO Concello subvenciona ás Comunidades de Auga con ata 3.000 euros

O Concello subvenciona ás Comunidades de Auga con ata 3.000 euros

- Anuncio -spot_img

O Concello de Redondela convoca subvencións para axudar ás Comunidades de Auga das parroquias do municipio, entidades de gran relevancia “porque dan un servizo esencial en moitos barrios das parroquias do municipio”. O importe máximo a recibir por cada entidade solicitante é de 3.000 euros.

Estas subvencións están deseñadas para cubrir gastos gastos correntes do ano 2024 das comunidades que contribúen ao seu mantemento. Son gastos subvencionables servizos básicos como electricidade, mantemento e reparacións, seguro de danos e responsabilidade civil, impostos relacionados coa propiedade e funcionamento da comunidade, gastos de asesoría, xestoría ou consultoría.

As bases desta convocatoria publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 24 de novembro, e o prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOPPO. A tramitación farase exclusivamente a través da sede electrónica do Concello de Redondela

(https://redondela.sedelectronica.gal)

Publicacións Relacionadas