Home Pontevedra O Concello suspende de xeito cautelar o prazo de presentación de ofertas...

O Concello suspende de xeito cautelar o prazo de presentación de ofertas para o novo contrato da xestión de residuos

- Anuncio -

O Tribunal administrativo de contratación pública de Galiza notificou a presentación de dous recursos aos pregos, que paralizan o procedemento pero non o prazo de presentación de ofertas. A Xunta de Goberno acordou suspender, tamén, ese prazo mentres se resolven os recursos, que será nunhas tres ou catro semanas.

Raimundo González defende esta actuación porque “é un contrato importante, novidoso e de vangarda que persegue obxectivos ambientais e o cumprimento da nova lei, polo que é preciso traballar con seguridade xurídica”.

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá a suspensión cautelar do prazo de presentación de ofertas do novo contrato de xestión de residuos do Concello de Pontevedra que supera os 233 millóns de euros. O concelleiro delegado do servizo, Raimundo González explicou que o Concello coñeceu onte que o Tribunal administrativo de contratación pública de Galiza vén de recibir dous recursos aos pregos administrativos da licitación, que suspende todo o procedemento, agás o prazo de presentación de ofertas, agora tamén suspendido pola Xunta de Goberno.

O concelleiro explicou que o contrato está en licitación dende finais de 2022 e o prazo de presentación de ofertas remataría o vindeiro luns, 30 de xaneiro. Onte chegou ao Concello a notificación do Tribunal no que se fai constar a presentación de dous recursos aos pregos. Un é de Aselip, Asociación nacional de empresas de limpeza pública integrada por FCC, Urbaser, Cespa, SAV (Agricultores de la Vega de Valencia), Valoriza, Grupo empresarial Sadisa, Contenur, Acciona, Ingesan e outro de Moda Re Sociedad cooperativa de iniciativa
social.

O Concello reenviará o expediente e unha contestación aos recursos na vindeira semana, e o Tribunal ten un prazo de tres ou catro semanas para emitir a súa resolución. Raimundo González explicou que o acordo do Concello foi “suspender o prazo de presentación de ofertas porque se trata dun contrato importante, novidoso e de vangarda que persigue novos obxectivos ambientais e o cumprimento da nova lei, polo que é preciso traballar con seguridade xurídica”. De feito, reiterou que “queremos que este expediente vaia a punto de cruz”, polo que non se considera unha mala nova que se tivese recurrido ante o Tribunal.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas