Home Pontevedra Poio O concello ultima a aprobación do novo regulamento de participación veciñal, que...

O concello ultima a aprobación do novo regulamento de participación veciñal, que será levado ao pleno ordinario de maio

- Anuncio -

• A tenente de alcalde e responsable da área de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns, Silvia Díaz (Avante Poio), trasladou os detalles do documento a dirixentes e representantes de asociacións veciñais nunha reunión celebrada este pasado mércores no Consistorio

• Entre outras cuestións, o borrador, que consta de 35 artigos, define o funcionamento de órganos como o Consello e a Asamblea de Participación Veciñal

A tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), mantivo este pasado mércores unha reunión con representantes das asociacións veciñais do municipio.

En concreto, estiveron presentes dirixentes da A V O Bao, AVCR Combarro, AV Boureante, AV San Xosé, AV A Laxe e ACV Ronsel. O encontro tivo lugar no salón de Plenos do Consistorio e serviu para dar traslado do borrador do novo Regulamento de Participación Veciñal. A concelleira delegada desta área explicou aos directivos e directivas que tomaron parte na cita que o proxecto de regulamento será tratado no Pleno neste mes de maio para ser sometido a aprobación inicial. A partir de aí, abrirase un período de exposición pública para a presentación de alegacións, antes da súa aprobación definitiva.

Tal e como detallou a concelleira de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns durante a reunión, impulsar este regulamento supón dar un paso moi importante de cara a reforzar e consolidar unha canle directa de comunicación e colaboración entre o Concello e os colectivos, facilitando, deste xeito, a organización de iniciativas ou o desenvolvemento de actuacións e proxectos de diversa índole. Silvia Díaz deu a coñecer os detalles do borrador, en cuxa elaboración tomaron parte todos os grupos da Corporación municipal. “Unha ferramenta tan importante para o noso tecido social é imprescindible que se consolide en base ao consenso tanto dos grupos políticos como das propias asociacións”, subliñou a tenente de alcalde, que, precisamente, lembrou que a finais de 2021 realizouse unha consulta pública para facilitar a achega de propostas por parte dos colectivos.

O borrador consta de 35 artigos, repartidos en catro capítulos, e sete disposicións adicionais. Un dos aspectos máis importantes deste novo regulamento é a definición do
Consello de Participación Veciñal como o órgano que permite a participación na actividade do Concello, representativo dos intereses veciñais dos lugares e parroquias.

Esta sería a ferramenta para trasladar, por parte da cidadanía, propostas e peticións relacionadas co desenvolvemento de actividades, actuacións, servizos ou investimentos.

Pola súa banda, a Asamblea de Participación Veciñal impúlsase como a entidade para a coordinación de iniciativas que afectan á cidadanía. “Será unha canle efectiva para dar a
coñecer e debater os plans de actuación e a planificación estratéxica do municipio”, indica
Díaz. Ambos órganos convocaranse semestralmente en sesión ordinaria, a maiores de
posibles convocatorias extraordinarias, e estarán integrados por colectivos que figuren no
Rexistro de Asociacións e representantes dos grupos municipais.

Sobre este último punto, a concelleira de Participación Veciñal tamén fixo fincapé no
traballo realizado para poder actualizar o devandito rexistro, toda vez que a última revisión
deste listado databa do ano 2008. “Este foi o primeiro paso que tivemos que dar para poder tramitar o novo regulamento”, apuntou a tenente de alcalde de Poio. Silvia Díaz sinala que, se ben causaron baixa a varios colectivos por non teren actualizado a súa inscrición, “todas as asociacións interesadas en incorporarse ao rexistro facelo presentando a documentación través da Sede Electrónica”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas