Home Pontevedra O concerto de Rodrigo Ramos o venres e a actuación infantil de...

O concerto de Rodrigo Ramos o venres e a actuación infantil de Magín Blanco o sábado pechan a edición 2022 de “Emprazarte”

- Anuncio -

As actuacións do 23 e 24 de setembro son o colofón desta iniciativa cultural que busca encher de vida a praza de acceso ao Edificio Castelao con programación dirixida a todos os públicos

Esta semana terán lugar as dúas actuación coas que o Museo de Pontevedra pechará a edición deste ano de EmprazArte, unha iniciativa cultural que naceu o verán pasado cunha oferta para todos os públicos para encher de vida a praza que dá acceso ao Edificio Castelao. O venres 23 á noite chegará o rock de autor de Rodrigo Ramos, e o sábado 24 á mañá o espectáculo musical para público infantil de Magín Blanco. Ambas actuacións son de balde.

O protagonista da actuación do venres 23 de setembro ás 21.00 horas será Rodrigo Ramos. Este músico e compositor de Silleda iniciou a súa carreira en solitario en 2015, logo de máis dunha década formando parte de distintos grupos. Dous anos mais tarde publicou o seu primeiro álbum, ‘Mirabas almas’, no que amosaba a súa versatilidade en directo, e que acompañou cunha xira de máis de cincuenta concertos por toda a península, tanto con banda como en formato acústico.

En 2019 chegou ‘Sol de invierno’, un álbum cálido no que destaca o aspecto vocal. Os arranxos de piano sosteñen un traballo caracterizado por melodías pegadizas reforzadas por órganos Hammond e guitarras eléctricas. Nos dez temas deste disco, Rodrigo Ramos explora as zonas de sombra emocionais da existencia humana.

Ao día seguinte ás 12.30 horas terá lugar a actuación de Magín Blanco, un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. É o creador de pezas como ‘A nena e o grilo’, ‘A nena e o grilo nun barquiño’, ‘Canta o Cuco’ -con Uxía-, ou ‘A nena e o grilo máis aló’ , entre outros, e participou en moitos outros proxectos, como ‘María Fumaça’ e ‘Rosalía Pequeniña’. En 2019 Carlos Rego dedicoulle unha biografía con disco recopilatorio: ‘Magín Blanco – O Camiño da Luz’.

En EmprazArte presentará o espectáculo ‘Caderno de cores e cancións’. Trátase dun percorrido pola creación musical e literaria das cancións, que parte do legado dos trobadores vencellado ás cores e as súas sinerxías, tanto emocionais como naturais. Acompañado no escenario de Pablo Vidal, Magín Blanco xogará con elementos sinxelos como as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas para construír e descubrir un universo persoal ou colectivo.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas