- O campamento urbano dirixiuse a nenos e nenas de 3 a 10 anos
O Concello da Guarda continúa co seu compromiso coa conciliación co campamento urbano Conciliaguarda Semana Santa.
Durante os catro días non lectivos deste período de vacacións escolares, un total de 30 nenos e nenas desfrutaron de actividades e xogos na Escola da Gándara. Así, as familias puideron desfrutar desta opción de conciliación de xeito gratuíto.
Para facilitar esta conciliación o campamento ofreceu a opción de estender o horario de 9 a 14h, das 8:30h ás 14:30h, buscando adaptarse mellor aos horarios e necesidades de cada familia.



