Home O Morrazo Bueu O concurso igualitario da Deputación de Pontevedra "Búscase a Talento" premia a...

O concurso igualitario da Deputación de Pontevedra “Búscase a Talento” premia a tres centros educativos de Vigo, Bueu e Sanxenxo

- Anuncio -

Iria Portabales, do CEIP Virxe do Rocío de Vigo, alzouse co primeiro premio desta iniciativa para promover o xoguete igualitario. Mateo Maquieira, do CEIP Portonovo (Sanxenxo) e Goro Couso, do CEIP A Pedra (Bueu), acadaron os accésits

“Temos uns centros educativos comprometidos coa educación integral” asegurou a presidenta Carmela Silva na entrega de premios do certame no que participaron máis de 1.400 nenas e nenos de 72 centros educativos de 32 concellos da provincia

Iria Portabales, alumna de 9 anos do CEIP Virxe do Rocío (Vigo), alzouse esta mañá co primeiro premio do concurso para promover o xoguete igualitario da Deputación “Búscase a Talento”, no que acadaron tamén accésit Mateo Maqueira, 8 anos, e Goro Couso, 8 anos, dos CEIP Portonovo (Sanxenxo) e A Pedra (Bueu). O salón de plenos, “o noso lugar máis importante para acollervos a vós, que tamén sodes o máis importante que temos”, acolleu a entrega desta primeira convocatoria do certame na que a presidenta Carmela Silva acompañada da responsable de Red Talento, Laura Seara, enxalzou o papel dos centros educativos, “moi comprometidos coa educación integral”. A entrega foi seguida en directo no Salón de Plenos por ducias de compañeiras e compañeiros da nena e dos nenos premiados.

“Síntome orgullosísima da resposta que tivo o concurso, con máis de 1.400 nenas e nenos de 72 centros de 32 concellos que amosa que temos uns centros educativos comprometidos coa educación integral”, destacou Carmela Silva, que puxo en valor a creatividade das nenas e nenos. “O talento é o único que importa nas persoas, é o que vai construíndo sociedade”. “Búscase a Talento”, dirixido a 3º e 4º de primaria, pretendía remarcar que non hai xoguetes, libros ou xogos diferentes para nenas e nenos; só hai xoguetes para xogar, crear e imaxinar un mundo libre de estereotipos e roles de xénero. Deste xeito as nenas e nenos participantes tiñan que crear a “Talento”, un personaxe feliz, libre, intelixente e con moita creatividade, cunha serie de materiais enviados aos centros educativos pola institución provincial.

Para a presidenta, que recordou o seu pasado como mestra, “non é posible unha educación plena e de calidade se a igualade non forma parte transversal desa educación. Cada día é máis importante que eduquemos en igualdade e na paz, fundamental para que non teñamos que asistir a unha situación tan terrible como a que vivimos nestes días”. Por estes motivos amosou o seu agradecemento “ao traballo desenvolvido polos centros educativos, cun grande compromiso co que é o máis importante ascensor social que existe: a educación”. Tamén enxalzou a creatividade das crianzas asegurando que “as 1.400 propostas eran marabillosas, sentídevos todas e todos premiadas/os porque o feito de poñer en marcha a vosa creatividade e talento é un premio xa en si mesmo, pero estas tres son realmente fermosas, teñen unha enorme forza, potencia, son absolutamente diferentes e poderían estar en calquera museo.”

Os premios
O primeiro premio recaeu en Iria Portabales, alumna do CEIP Virxe do Rocío de Vigo que recibiu de mans de Carmela Silva e da responsable de Red Talento, Laura Seara, un lote de libros educativos, un diploma en cartón pluma así como a noticia de que o seu personaxe creado para o concurso será protagonista dun conto escrito por Ledicia Costas. A propia escritora así o notificou nun vídeo emitido durante o acto de entrega de premios, no que amosou o seu desexo de coñecer canto antes a Iria “para ver que é o que pasou pola túa cabeza para deseñar este personaxe tan interesante e poñernos axiña a traballar”.

Pola súa banda Goro Couso, alumno do CEIP A Pedra de Bueu, e Mateo Maquieira, alumno do CEIP de Portonovo, recibiron tamén un lote de libros educativos e un diploma en cartón pluma. Os seus centros educativos, amais do de Iria Portabales, beneficiaranse dunha sesión do espectáculo de contos e música “Elas contan moito” e dun lote de material igualitario .

Tanto a nena como os nenos gañadores de “Búscase a Talento” tomaron a palabra durante o acto para agradecer á Deputación o premio como tamén o fixeron as mestras e mestres que os acompañaron, que aproveitaron a ocasión para enxalzar a iniciativa subliñando a necesidade de traballar no fomento da igualdade e da creatividade.

A guía “Búscase a Talento”
A Deputación vén de editar 1.500 exemplares da guía “Búscase a Talento”, que espallará polos centros educativos da provincia para afondar nas consecuencias da sexualización dos xoguetes e na importancia do xogo. A guía inclúe un decálogo para rachar cos xoguetes e xogo sexista, lembrando, entre outras cuestións, que as cores son de todas as nenas e nenos, a libre elección do xoguete, as oportunidades educativas que ofrecen, a contribución do xogo ao desenvolvemento de habilidades, e a importancia de escoller xoguetes seguros, cooperativos e que fomenten os valores e dereitos humanos. Tamén inclúe un glosario no que se explican conceptos como feminismo, xénero, sexismo, igualdade, patriarcado, diferenzas sexuais e de xénero, empoderamento, estereotipos, e roles e perspectiva de xénero.

Relacionadas

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Publicacións Relacionadas