HomePontevedraDezaO Congreso do Partido Popular de Dozón celebrarase o 9 de setembro

O Congreso do Partido Popular de Dozón celebrarase o 9 de setembro

- Anuncio -spot_img
  • A Comisión Organizadora do Congreso fórmana Tiffany Silva Vázquez, como presidenta, María Flor Rodríguez García e José Manuel López Blanco.

O Partido Popular de Dozón celebrará o seu congreso local o venres 9 de setembro, no que terán dereito a voto os afiliados neste concello. O PP provincial dá así luz verde á celebración do cónclave, para o que tamén se aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como a composición da Comisión Organizadora, que estará formada por Tiffany Silva Vázquez, como presidenta, María Flor Rodríguez García e Jose Manuel López Blanco. Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

Con Dozón retómanse a celebración dos congresos locais do partido, tras a celebración do cónclave provincial no mes de xullo. Este ano, o PP xa renovou as xuntas locais de Agolada, Redondela e Pontevedra cidade, e tras Dozón iranse sumando novas convocatorias.

Coa celebración destes congresos, desde o PP provincial queren reforzar as estruturas do partido para afrontar as municipais do ano próximo mellor preparados que nunca e, no caso de Dozón, revalidar a alcaldía e seguir garantindo un goberno forte e estable. Segundo indica o presidente provincial, Luis López, os obxectivos deste novo curso están claros: ofrecer proxectos serios, fortes e reais nos 61 concellos desta provincia. “Somos un partido de Goberno e presentaremos un proxecto gañador en todos os concellos”.

Publicacións Relacionadas