Home Pontevedra O Congreso do Partido Popular de Redondela celebrarase o 11 de xuño

O Congreso do Partido Popular de Redondela celebrarase o 11 de xuño

- Anuncio -

• Poderanse presentar candidatos á presidencia ata o mércores 25 de maio.

O Partido Popular de Redondela celebrará o seu 9º congreso local o sábado 11 de xuño. O PP provincial dá así luz verde á celebración do cónclave, para o que tamén se aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como aos membros da Comisión Organizadora, que estará formada por María do Carmen Bastos, como presidenta; Cándido Vilaboa, vicepresidente; María Lago, secretaria; e Antía Martínez e José Pérez como vogais. Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS
Ata o vindeiro mércores, 25 de maio, os afiliados que desexen optar á presidencia local do partido poderán presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5% dos afiliados que se atopen ao corrente de pago das cotas, e un máximo de 50.

Unha vez finalizado este prazo, e despois de que a Comisión Organizadora do Congrese proclame oficialmente aos candidatos, abrirase unha campaña interna entre o 27 de maio e o 5 de xuño para que as persoas aspirantes poidan presentar o seu programa para presidir a xunta local e o seu equipo.

PARTICIPANTES NO CONGRESO
Poderán participar no congreso os afiliados do PP de Redondela que estean ao corrente do pago das cotas. Deberán formalizar a súa asistencia cubrindo un formulario de inscrición, que poden descargar na web local do partido, ata o mércores 25 de maio.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas