Home Pontevedra Baixo Miño O Consorcio de Augas do Louro garantiza o subministro de auga potable...

O Consorcio de Augas do Louro garantiza o subministro de auga potable con Eiras por debaixo do 40%

- Anuncio -

• Os alcaldes/esas do Porriño, Mos, Salceda e Tui chaman á poboación e ao tecido empresarial a facer un uso responsable deste recurso

O Consorcio de Augas do Louro integrado polos concellos do Porriño, Mos, Salceda e Tui, reuniu hoxe ao seu comité na ETAP dos Valos. Representantes de todas as entidades que conforman o ente, o presidente e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Salceda, Rubén González e a directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez López, comprobaron de primeira man a autonomía da rede de abastecemento en caso de alerta por seca.

E é que, a diferencia de outros concellos, como o de Vigo, co embalse de Eiras por debaixo do 40%, o Consorcio podería seguir tratando e distribuíndo auga para fogares e industrias grazas a un sistema de bombeo e potabilización que permitiría garantir o subministro de auga apta para o consumo humano.
“O embalse neste momento atópase a un 81% de capacidade e cun consumo semanal do 3%, unha cifra que se engrosará notablemente unha vez o Concello de Vigo se abasteza na súa totalidade do mesmo”, explicou Lorenzo.

Se ben na actualidade non está comprometida a dispoñibilidade deste recurso na zona de non darse choivas continuadas a situación pode complicarse de cara ao outono.

A última situación de seca que vivimos foi no outono do ano 2017 e os datos cos que traballamos de capacidade e as falta continuada de precipitacións apuntan a que pode darse unha situación complicada que dende o Consorcio comezamos a intentar minimizar hai meses.

Implementáronse medidas de reducción de consumo en todos eles –peche dos sectores de rego, evitáronse os baldeos e suspensión de eventos que conlevaban un consumo non necesario de auga-, e activouse o Plan de emerxencia contra seca co que contamos para tentar reducir o impacto da seca. Actuouse con contundencia, anticipación e responsabilidade.

Os alcaldes e alcaldesas dos catro concellos que conforman o Consorcio de Augas do Louro apelan a un consumo responsable de auga por parte da cidadanía e tamén do tecido empresarial, a fin de evitar a adopción de restricións e medidas máis drásticas, como as que foi necesario tomar nas anteriores crises os anos 2017 e 2008. Así, faise un chamamento a reducir no posible o rego de xardíns, enchido de piscinas, limpeza de rúas e vehículos, así como pequenos xestos diarios que teñen un gran impacto no consumo total, como pechar os grifos mentres se enxabona, non encher a bañeira, encher ben as lavadoras, etc…

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas