HomeBaixo MiñoA GuardaO contacontos “A arte de emocionarte” chega o 18 de abril á...

O contacontos “A arte de emocionarte” chega o 18 de abril á Biblioteca municipal da Guarda

- Anuncio -spot_img
  • As inscricións estarán abertas para nenos e nenas de 5 a 12 anos

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebra o próximo día do Libro, 23 de abril, coa actividade “A arte de emocionarte”.

Que os nenos aprendan a poñer nome as súas emocións é unha das bases dunha boa intelixencia emocional. A través dos contos podemos identificalas, adestralas, converténdoos así en adultos máis felices e preparados para enfrontarse a moitas situacións na súa vida.

Este contacontos está dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos e será o próximo sábado 18 de abril ás 12:00h na Biblioteca Municipal da Guarda.

A actividade precisa inscrición previa a través do correo aguarda.rbgalicia@eidolocal.es , no 986 61 18 50 ou de xeito presencial en horario de biblioteca.

Publicacións Relacionadas