Home Pontevedra A Paradanta O Corpus abre ao público un paseo polos 150 anos de historia...

O Corpus abre ao público un paseo polos 150 anos de historia da Banda de Música Unión de Guláns

- Anuncio -

A exposición estará aberta ata o vindeiro luns 12 de xuño no vestíbulo do auditorio municipal. Recolle fotografías, instrumentos, partituras, cartelaría, traxes e outros elementos de diferentes épocas

O Corpus abre as portas aos 150 anos de historia da Banda de Música Unión de Guláns. O vestíbulo do auditorio municipal Reveriano Soutullo acolle ata o vindeiro luns 12 de xuño unha exposición na que o público poderá ver a evolución da banda a través de fotografías, partituras, instrumentos, carteis, traxes e outros moitos elementos de diferentes épocas dende a súa creación no ano 1870.

A idea da mostra xurdiu no ano 2015 dunha exposición itinerante de instrumentos antigos realizada con distintas bandas de música e que deu pé a unha exposición en Guláns que foi todo un éxito de público. Agora, a banda da un paso máis e “aumentamos a cantidade de material exposto para repasar o século e medio de vida da Unión e realizar un acto máis na celebración do noso 150+3 aniversario”.

O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, sinala a importancia de celebrar este aniversario para a banda que “cumpriu 150 anos en 2020 pero non puidemos poñer en valor a súa ampla traxectoria e legado por mor da situación sanitaria, polo que agora era necesario retomar esa celebración achegando a súa historia á maior cantidade de público posíbel nunha data tan importante para todas e todos nós como é o Corpus”.

O público poderá achegarse á banda de música a través de 41 paneis que repasan a súa historia a través de fotografías de actuacións, festas, viaxes… recollidas “despois de repasar centos de fotografías grazas á colaboración de músicas e músicos e veciños e veciñas que fixeron posíbel que recompilásemos tanta información”. Ademais, en catro vitrinas cedidas pola Fundación da Casa Cultural de Guláns poden verse partituras antigas, discos, libros, carteis e recoñecementos recibidos ao longo destes anos.
A mostra complétase coa exposición de instrumentos, traxes, partituras emblemáticas e atrís de madeira, así como material e gravacións antigas. Un amplo mostraxe que permite recoñecer caras coñecidas como a Rogelio Groba, Indalecio Fernández ou Miguel Groba e incluso recolle anécdoras curiosas, como un contrato da banda de música de hai 50 anos que non se chegou a cobrar.

A Banda de Música Unión de Guláns quere agradecer ao Concello a súa colaboración “para que esta exposición saíse adiante”, así como do investigador, profesor e ex músico da banda Anxo Serafín Porto, “que fixo un labor de investigación impagábel para por nome a todas as persoas que saen nas fotografías”. Tamén destacan que nada sería posíbel sen a colaboración de ex músicos e veciñanza de Guláns, que colaboraron na exposición deixando material desinteresadamente e incluso nalgúns casos doándoo á banda para a súa conservación.

A exposición estará aberta ao público entre semana de 20.00 a 21.00 horas, o venres 9 de 20.00 a 22.00 horas, o sábado 10 de 20.00 a 02.00 horas e o domingo 11 de 09.00 a 14.30 horas. A mostra pechará o vindeiro luns 12, que estará aberta ao público de 20.00 a 22.00 horas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas