Home Pontevedra O Condado O Corpus arranca en Ponteareas coas alfombras do Día das Letras Galegas...

O Corpus arranca en Ponteareas coas alfombras do Día das Letras Galegas do alumnado da vila

- Anuncio -

O Concello desenvolveu obradoiros de arte floral nos centros educativos que remataron coa creación dunha alfombra na Praza Maior este venres

Ponteareas quece motores para o Corpus. O Concello desenvolveu ao longo desta semana varios obradoiros de arte floral no CEIP Fermín Bouza Brey, no CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, no CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios e no CEIP Ramiro Sabell impartidos por persoal municipal alfombrista con experiencia en deseño e confección e que contou coa colaboración do portal alfombrista ANPA Ramiro Sabell. A través destes talleres, os rapaces e rapazas puideron coñecer a historia e a evolución das alfombras, os materiais empregados e como é todo o proceso de elaboración e experimentaron de primeira man este traballo coa creación dunha pequena alfombra na Praza Maior con motivo do Día das Letras Galegas.

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, visitou a alfombra feita polo alumnado e gabou o bo traballo realizado, que demostra que con estas actividades “estamos a garantir que este prezado legado perviva na mocidade, que é o futuro de Ponteareas”.

Con esta iniciativa, que comezou no ano 2016, o Concello busca transmitir ao alumnado os coñecementos sobre os materiais naturais que deben empregarse, métodos e modos de conservación, deseño, confección da plantilla e os pasos ordenados que deben darse para a confección, e que os rapaces e rapazas seguiron para a creación da súa propia alfombra.
“É un orgullo ver como se transmite o sentir dos e das nosas alfombristas á infancia e á mocidade, porque eles son a futura xeración que fará perdurar unha tradición con máis de 160 anos de historia na nosa vila, unha tradición que cada ano acollemos con ilusión e que só unha pandemia mundial foi capaz de interromper”, recorda a rexedora.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas