Home Vigo Nigrán O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros e 1.250 € en vales de supermercado

- Anuncio -

Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30 de Xaneiro

O Alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado das ediles de Educación, Servizos Sociais e Relacións Veciñais, acudiron o venres ao CPI Arquitecto Palacios de Panxón para agradecer persoalmente a achega de alimentos e vales realizada polo centro educativo ao Concello. O colexio recadou nestas datas 242 kg de alimentos non perecedoiros destinados ao Banco Municipal (cada 3 kg doados o alumnado recibía un libro) e 1.250 € materializados en vales de 25 € para canxear no supermercado. Todo foi entregado aos Servicios Sociais do Concello para distribuír entre as familias vulnerables.

Cada ano, coincidindo co Día da Paz (30 de Xaneiro) centos de alumnos e alumnas de diversos centros educativos de Nigrán participan na ‘Carreira Solidaria’ organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón co fin de recadar fondos e de aí proceden estes 1.250 € en vales da décimoterceira edición. Igualmente, cada ano no Nadal recadan alimentos non perecedoiros.

“Estamos moi agradecidos ao CPI Arquitecto Palacios e moi orgullosos de que nos coles de Nigrán se promovan estas iniciativas que axudan a concienciar á infancia sobre a importancia de ser solidarios e de ter empatía”, destaca o rexedor, Juan González.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

A Deputación leva este xoves a Arbo, Baiona e Salceda de Caselas o circuíto...

0
“Lúa quere viaxar a… Marte” de A Xanela do Maxín chegará ás 11:00 horas á biblioteca municipal de Arbo mentres que á praza do...

Publicacións Relacionadas