Home Pontevedra Caldas O CPI Domingo Fontán de Portas continúa cos actos de conmemoración do...

O CPI Domingo Fontán de Portas continúa cos actos de conmemoración do 50º aniversario da súa fundación cun campionato de xadrex

- Anuncio -

Esta evento, que conta coa colaboración do Concello de Portas, repartirá tres premios por cada unha das súas catro categorías.

O CPI Domingo Fontán, de Portas, continúa coa conmemoración do seu 50º aniversario coa celebración, este martes 14 de xuño a partir das 10 horas, dun campionato de xadrez que se disputará nas categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub-16 onde se repartirán tres premios por cada un dos segmentos competitivos.

Este torneo de xadrez, que conta coa colaboración do Concello de Portas, disputarase nas instalacións do colexio entre as 10 e as 14 horas e estará supervisado e coordinado polo mestre Javier Fernández Costas, moi implicado na práctica desta práctica milenaria.

O centro educativo de Portas, que dirixe na actualidade Luis Villaverde Platas, conmemora este ano o 50º aniversario da súa fundación con diversos actos de carácter cultural, musical e social no que se procura a interrelación entre a veciñanza do concello de Portas e a comunidade educativa facendo ao alumnado o protagonista esencial desta efemérides.

O campionato celebrarase en base a un Sistema Suízo no que todos os xogadores compiten ata o final, sen que quede ninguén eliminado en ningunha das seis roldas previstas. Entregaranse uns trofeos aos primeiros, segundos e terceiros clasificados en cada unha das categorías do torneo, establecidas en Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub-16.

A práctica do xadrez está moi implantada neste centro educativo onde o mestre Javier Fernández Costas impulsa unha serie de iniciativas formativas e competitivas con entidades sociais e culturais da contorna para fomentar a práctica desta disciplina que estimula a capacidade reflexiva, anticipatoria e mesmo intelectual dos seus participantes.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas