Home O Morrazo Bueu O Cross de Uddra celébrase este domingo con máis de 700 participantes...

O Cross de Uddra celébrase este domingo con máis de 700 participantes en dez categorías

- Anuncio -

• O evento, que cumprirá con todas as medidas e protocolos da Covid-19, combinará o deporte, coa saúde, a solidariedade e o respecto polo medio ambiente

• As carreiras desenvolveranse entre as 9.45 e as 13.30 horas en Chan de Esqueiros, na zona de Cabo Udra

A Asociación por Beluso (Asbel), coa colaboración do Concello de Bueu e do Ceip Montemogos, organiza o próximo domingo, 10 de outubro, o Cross Udra, un evento deportivo e familiar no que se agarda a participación de 707 persoas. Segundo apuntan dende a organización, está previsto que ás 9.45 horas saian os e as participantes na andaina, para a continuación dar paso ás categorías escolares de pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín e infantil, que percorrerán diversas distancias. Ás 11.00 horas sairá a carreira popular de 4 quilómetros, e ás 12 horas, a absoluta de 10 quilómetros, que son as que acollen a maior participación do evento.

Marcos Torres, presidente de Asbel, salientou na rolda de prensa celebrada este venres no Concello de Bueu que “a proba contará con todos os protocolos da Covid-19 e por iso tivemos que realizar un duplo esforzo”. Así mesmo, o evento ten unha parte solidaria, tal e como vén sendo habitual, de aí que estea prevista a colocación de varios postos de asociacións da contorna, como a Fundación Diabetes Cero, Adicam, e Avempo, mentres que os trofeos son da autoría da Asociación Juan XXIII. Ademais, estará dispoñible un posto de venda de material do Cross doutros anos, co que se recadarán fondos que irán destinados á Asociación Protectora de Animais do Morrazo.

Neste sentido, Félix Juncal, alcalde da vila, e Ricardo Verde, concelleiro de deportes, apuntaron que “o Cross é todo un referente, pois concíbese coma un proxecto que nos fai sentir un enorme orgullo e no que se combina o deporte coa saúde, a educación ambiental e a solidariedade”, polo que “mostramos o noso agradecemento a todas as persoas que colaboran e que son activistas sociais que dinamizan a vida da nosa vila”.

O Cross Cabo Udra naceu hai tres anos coa clara intención de darlle continuidade e recuperar o Cross de Beluso, unha proba considerada coma un dos referentes provinciais a nivel escolar e popular durante os anos 80 e 90, e que tivo que deixar de celebrarse no 2003. Dado que o evento se desenvolve na zona de Chan de Esqueiros, en Udra, dende a organización salientan que se respectará o medio ambiente, polo que os vasos e as bolsas son de papel, e a camiseta conmemorativa elaborouse con material reciclado.

En canto aos premios, haberá trofeos para as carreiras absoluta e popular, ademais de catro especiais (Montaña, Equipos, Beluso e Bravo), e para todos os nenos e nenas participantes nos circuítos escolares entregaranse medallas.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas