HomeBaixo MiñoA GuardaO CSIC busca na Guarda voluntarios para o proxecto XSCAPE-Material Minds

O CSIC busca na Guarda voluntarios para o proxecto XSCAPE-Material Minds

- Anuncio -spot_img
  • O proxecto do CISC busca demostrar  a hipótese do cambio cognitivo humana baseado na materialidade

O próximo luns 23 de marzo, os investigadores do CSIC precisan voluntarios para o seu proxecto XSCAPE-Material Minds.

Trátase dun proxecto de investigación sobre o patrimonio cultural e a mente humana que busca comprender o pasado para mellorar o noso futuro. XSCAPE estuda a relación entre a cultura material das sociedades humanas co desenvolvemento da mente humana ao longo da historia.

O obxectivo é demostrar a hipótese do cambio cognitivo humana baseado na materialidade. O estudo estase levando a cabo en España, a través dos Institutos de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) e do de Neurociencia (IN) do CSIC; en Reino Unido, na Universidade de Sussex; e na Alemaña, na Universidade de Kiel.

Para iso, as persoas voluntarias explorarán diversos obxectos ou imaxes coa súa mirada durante 10 ou 15 minutos. O estudo realizarase o próximo luns 23 de marzo e é obrigatorio inscribirse previamente antes do venres 13: https://forms.gle/RxwNSCXRdhb5E3Yq7.

Os voluntarios e voluntarias recibirán algún tipo de agasallo como compensación pola súa participación.

Publicacións Relacionadas