HomePontevedraDezaO delegado da Xunta visita Camanzo pero desilusiona o goberno local

O delegado da Xunta visita Camanzo pero desilusiona o goberno local

- Anuncio -spot_img

• O goberno local de Vila de Cruces agarda máis da visita do delegado da Xunta, Luis López “Lugues”, ao monasterio de Camanzo o próximo luns 27, ás 13 horas.

O alcalde Luis Taboada, o tenente de alcalde Julio López e a concelleira de Facenda Mireya Otero manifestaron a súa decepción con esta visita, xa que é a única inversión que a Xunta ten prevista para Vila de Cruces no seu último orzamento. Os responsables do goberno local sinalan que a Xunta abandonou por completo aos cruceños e cruceñas.

O enfado do goberno local de Xuntos debeuse a que o delegado da Xunta xa visitou varias veces Vila de Cruces, a máis recente para un xantar con Jesús Otero, pero non veu para solucionar os problemas urxentes que hai nos colexios da vila. Luis Taboada pediulle persoalmente que mediase entre Roman Rodríguez, conselleiro de educación, e César Pérez, xefe territorial de educación, pero aínda están a esperar unha resposta. Ademais, Jesús Otero prometeu en días pasados solucionar os problemas nos centros educativos, algo que indigna ao goberno local, xa que non fixo nada para remedialos cando era alcalde e agora que está na oposición parece que si pode. Segundo Julio López parece que lle senta ben estar na oposición o señor Jesus Otero, xa que nunca se moveu tanto polas parroquias como o está a facer agomáresmo e máis xa leva prometido inversións e postos de traballo directos no SERGAS, e máis organismos da Xunta de Galicia a aqueles/as que o apoien que en todos os anos que gobernou.

O goberno local está encantado coa visita do delegado da Xunta, pero non queren que veña só a facer a foto con Jesús Otero. Piden que veña con datos e proxectos reais, sen vender fume nin proxectos imposibles. Recordan que a estrada Cruces-Santiago segue sen pintar, co perigo que iso conleva, e á Xunta parece non importarlle, xa que, despois de meses de obras, esqueceron rematala.

Mireya Otero, concelleira de Facenda, recorda que a Xunta debería tomar exemplo da Deputación de Pontevedra, que investiu moito máis en Vila de Cruces. As fotos da presidenta Carmela Silva visitando a vila para coñecer o estado das obras demostran que cada vez que nos visita, concede un novo proxecto investindo nos cruceños e cruceñas, o contrario da Xunta e do señor Jesús Otero, no que ninguén cre xa nas súas promesas. Ademais, a concelleira recorda que aínda están a agardar polos 200.000 euros prometidos firmemente por Jesús Otero nos plenos, a través da Xunta de Galicia para afrontar os peches do comercio e máis da hostalaría por mor do covid-19, cousa que nunca sucedeu.

A visita do delegado da Xunta ao monasterio de Camanzo é importante para a vila, pero o goberno local espera que sexa unha oportunidade para que a Xunta invista en Vila de Cruces, non só nesta obra, senón tamén en outros proxectos necesarios para a vila e os seus veciños e veciñas

Publicacións Relacionadas