O socialista pregúntase onde están os orzamentos para os centros de saúde de Meis e de Vilagarcía, “que non aparecen en ningunha partida”, ou “que broma é orzamentar 25.000 euros para remodelar Porto Meloxo”.
Pide ao PP da comarca que “ou levante a voz ou presente a partida orzamentaria que a avala”, pero agarda que non exista intención de “falar de cousas que non existen”.
O deputado autonómico Julio Torrado fixo hoxe unha valoración inicial dos orzamentos da Xunta de Galicia para a comarca de Arousa, na que esixiu ao gobernó autonómico que “se tome en serio a esta comarca” despois de constatar que “moitos dos necesarios investimentos seguen agochados, sen aparecer e sen comprometerse”. “A Xunta sigue a considerar que pode desprezar a esta comarca, como ven facendo ano tras ano”, concluiu.
Torrado apuntou que estes orzamentos “comezan a ser un pitorreo habitual” e considera que “non por poder anticipar que van obviar as necesidades dos arousáns deixa de ser triste e decepcionante”. O deputado autonómico, que anticipou que o seu grupo presentará emendas para demandar os investimentos realmente necesarios, preguntouse onde están os orzamentos para “infraestruturas incluso prometidas e das que o PP intentará incluso presumir”, referíndose aos centros de saúde de Meis e de Vilagarcía. Sobre estes dous casos, apuntou que “é moi serio que os grupos municipais do PP de ambos lugares pretenderan boicotear e impedir que estes proxectos saíran adiante e que agora non aparezan nos orzamentos”.
Segundo explicou o deputado autonómico, os orzamentos autonómicos apuntan investimentos noutros lugares que en Arousa non, o que evidencia que non é ningunha cuestión técnica o que impide, “ou outras escusas absurdas típicas do PP”. Así, destacou que se reservan 3 millóns de euros para un parque empresarial en Lalín pero non hai ningunha partida para o polígono do Pousadoiro ou ningún terreo industrial da comarca; destínanse máis de 500.000 euros ao porto de Raxó (Poio) pero apórtase a ridícula cantidade de 25.000 euros a Porto Meloxo que “non da nin para mover catro pedras de sitio”; asígnanse 2 millóns de euros para reformas de viais e Cerdedo – Cotobade, e máis de 6 millóns para A Estrada, pero non hai “nin un peso” para viais en Arousa. “Curiosamente, as grandes partidas destes orzamentos caen en lugares protexidos do PP onde están os seus alcaldes, coma se os cartos fosen privados e os repartiran en ceas de amigos”.
Por todo o anterior, Torrado espuxo que o seu grupo recollerá as demandas claras que ten esta comarca e presentará as emendas necesarias a estes orzamentos. Pediu para elo “que o PP da comarca axude e se sume ás peticións dos concellos e da cidadanía, e non pretenda defender a capa e espada a un goberno que despreza a esta comarca soamente porque son os seus xefes”, para o que o socialista demandou “un mínimo de orgullo e de valentía”. O que si reclama Torrado é que para calquera debate, anunciou ou argumentación, “que nos evitemos de falar de cousas que non existen. Cando se anuncie ou presuma dun investimento, que o PP presente a partida orzamentaria que a avala”, lembrando que durante anos os populares habitúan a facer anuncios que non están nos orzamentos e que “despois, obviamente, non se cumpren “. “Que o PP decida se quere comportarse seriamente e defender a esta comarca ou van ser aplaudidores dun goberno que os despreza”, concluiu,