Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Caldas O deputado provincial Javier Tourís acudiu este venres á presentación da LXIII...

O deputado provincial Javier Tourís acudiu este venres á presentación da LXIII Romaría Vikinga nas Torres de Oeste, en Catoira

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís acudiu este venres á presentación da LXIII Romaría Vikinga nas Torres de Oeste, en Catoira, xunto co alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño; o concelleiro de cultura do Concello, Raúl Gómez; a directora da Escola Municipal de Teatro de Catoira, Fátima Rey, e a deseñadora do cartel da presente edición da festa, Nuria Bouzas, entre outros. A edición deste ano da Romaría Vikinga de Catoira terá lugar entre o 2 e o 6 de agosto.

Na súa intervención, Tourís salientou que esta é “unha celebración única en toda Galicia, declarada de interese turístico internacional e cunha longa, ampla e proveitosa traxectoria” e tendeu a man do goberno da Deputación, que vai “redobrar o noso compromiso coas festas de interese turístico” pois o turismo “é un dos grandes motores económicos da nosa provincia, cun impacto considerable no PIB”. Neste eido, o deputado provincial remarcou que “é a nosa vontade sumar sinerxías, traballar conxuntamente, co sector público pero tamén co privado, escoitar moito e evitar o ruído e a confrontación. Cremos que esta é a fórmula para avanzar”. “Traballaremos arreo –asegurou- para que este sector, tan importante, estea situado no lugar que merece e que esta provincia, o destino turístico principal de Galicia, sexa un lugar moito máis competitivo e con moitas máis oportunidades”.

Relacionadas

Luisa Sánchez participa na presentación de equipos da A.D. Carballal

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación dos equipos da A.D. Carballal que competirán nesta temporada 2024/2025. Sánchez...

Tomiño apagará o son das atracción este domingo do Alivio

0
O Concello de Tomiño ten o pracer de anunciar unha iniciativa especial para o vindeiro domingo, no marco das festas do Alivio e adicada...

O concello de Ponteareas convoca a maior oferta de emprego público da súa historia,...

0
• A maior oferta de emprego público ordinaria ofertada polo Concello de Ponteareas cun prazo de presentación de solicitudes de vinte días hábiles • Con...

Luis López enxalza a forza do tecido veciñal da provincia ante máis de medio...

0
O presidente provincial participa nun encontro con centos de persoas integrantes de asociacións veciñais de Poio e da contorna nunha actividade lúdica cunha charla...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na sexta ruta ornitolóxica de...

0
A ruta, impulsada pola institución da man de SEO/BirdLife, terá lugar o 29 de setembro e permitirá observar aves na contorna dos campos e...

Máis de 250 profesionais participan no mercado das músicas de Galiza e Portugal

0
Manuel Vicente | MUMI"A industria musical galega e portuguesa necesítanse e necesitan este espazo". José Manuel Carpinteira | presidente da Câmara Municipal de Valença"As ligazóns...

Publicacións Relacionadas